Miguel Hara. Recensión tirada de aquí. A paranoia da gripe A e o inxente volume de negocio feito coas vaciñas vendidas aos estados naquela altura e propiedade de multinacionais farmaceúticas, xunto por exemplo a prova de mosquitos xeneticamente modificados para empregar na guerra biolóxica polos EUA en África, dá ideia de até onde é actual, necesario é dramático este libro. Como diria o Grande Irmao I waching you, I watching you, I waching you...
Autor: Miguel Jara
472 páxinas. 24.00€
Editora: Península, 2009.
O noso estilo de vida está a xerar novas doenzas relacionadas coa polución ambiental. Ademais, desenvólvense outras patoloxías para aumentar os beneficios pola venda de vacinas e fármacos, entre outros produtos. É o negocio de crear temor para vender o seu tratamento. Baixo estas premisas comecei as investigacións que conforman este novo libro, A saúde que vén: Novas enfermidades e a mercadotecnia do medo (Península, 2009), que agora lles apresento e que estará dispoñíbel nas librarías a partir do xoves 22 de outubro.
Hai algúns anos, mentres rodabamos a documental "Carga tóxica", sobre as sustancias químicas tóxicas que interferen coa nosa saúde, descubrín que, nos últimos anos, miles de persoas están a perder a saúde por patoloxías que antes non existían ou que permanecían latentes, como a Sensibilidade Química Múltiple, a Síndrome de Fatiga Crónica ou a fibromialxia, entre outras moitas. Con posterioridade descubrín a electrosensibilidade ou Hipersensibilidade aos Campos Electromagnéticos creados por antenas e teléfonos móbiles, WiFi, liñas de alta tensión, transformadores eléctricos, etc. Tamén tiven coñecemento da Síndrome do Edificio Enfermo e a lipoatrofia semicircular que xa se manifesta en numerosos traballadores dos modernos edificios de oficinas ou a contaminación crónica por mercurio, entre outras.
De maneira paradoxal e en paralelo a este fenómeno asistimos á invención ou tráfico de enfermidades. Estaba a escribir sobre isto e sobre a grande campaña de lobby e expansión do medo entre a poboación como maneira de facer mercadotecnia no caso da vacina contra o virus do papiloma humano (VPH) cando comezou a enxergarse no horizonte o tsunami da gripe porcina ou gripe A. Sen dúbida este libro trata temas de plena actualidade pois tras a súa lectura comprenderanse os mecanismos de promoción de enfermidades, epidemias e pandemias que non o son, de vacinas e vacinacións innecesarias e perigosas, de fomento do medo na sociedade e as súas consecuencias, da utilización de tecnoloxías perigosas ou comprometedoras da saúde e da ocultación dos «efectos secundarios» destas prácticas. O libro que escribín ofrece moitas explicacións sobre o que estamos a vivir co fenómeno da gripe A, entre outros.
A primeira parte da obra versa sobre as enfermidades que a contaminación ambiental está a expandir. Afeitos a vivir en contornas sintéticas, a poboación mostra, cada vez con máis frecuencia, diferentes hipersensibilidades aos impactos tóxicos. As persoas que desenvolven estas sensibilidades son a punta do iceberg: o que o futuro pode depararnos a todos. Armado con testemuños sorprendentes das persoas que padecen as enfermidades emerxentes e unha ampla e contrastada documentación, rastrexo estas novas doenzas relacionadas co noso estilo de vida.
Na segunda parte documéntanse enfermidades creadas pola industria farmacéutica e cal é o procedemento que se segue para iso. Profúndase nas vacinacións masivas, perigosas e innecesarias a raíz do caso da vacina VPH ou das que conteñen mercurio como conservante; explícase como aos poucos vai introducíndose no mercado tecnoloxía "espía" como a Identificación por Radiofrecuencias (RFID) ou se promove ás costas dos cidadáns a xeoingeniería, unha nova «ciencia» para modificar o clima e «combater» o cambio climático. Todos estas prácticas teñen en común a expansión do temor entre a poboación pero tamén o control social.

Nenhum comentário:
Postar um comentário