Madrid, 8 Marzo 2011. A Comisión de Medio Ambiente do Congreso dos Deputados aprobou este mediodía por unanimidade a proposición do BNG para que non se constrúan máis encoros no río Navia.
A Comisión mencionada debatía unha proposición do deputado do BNG, Francisco Jorquera, que demandaba a suspensión definitiva da concesión de novos aproveitamentos hidroeléctricos na conca do río Navia, “dada a sobreexplotación existente e o impacto medioambiental”. Dado que os plantexamentos do grupo socialista e do grupo popular eran basicamente coincidentes, Jorquera aceitou transaccionar un texto final con ambos.
En concreto, o texto aprobado pede que “se fixe o umbral máximo de aproveitamentos hidroeléctricos no río Navia no número actualmente en explotacion, dado o risco ambiental que se derivaría de novos incrementos da presión”. Ademáis, empraza ao Executivo a “permitir unicamente as repotenciacións dos actuais aproveitamentos, sempre e cando non supoñan un impacto ambiental irreversible e persistente”. Por último, engádes un terceiro punto que pede que se tramiten os expedientes de caducidade das concesións que non se atopan actualmente en explotación e sexan medioambientalmente inviábeis”.
O deputado do BNG puxo de manifesto que no río Navia “xa existen tres encoros e catro centrais hidroeléctricas que ocupan uns 45 quilómetros, algo máis do 40% do seu percorrido”. Aludiu a un dos proxectos de construción dun encoro no alto Navia que ten a súa orixe nunha Orde Ministerial de 1951, que foi modificada en 1963.
É preciso anular definitivamente os proxectos que ameazan ao Navia
Uns proxectos, subliñou, que suscitaron desde sempre unha forte oposición cidadá. E que “nunca se materializaron, nuns casos por non receber resolución favorábel e noutro porque houbo un fallo do Tribunal Supremo”.
Mália que estes proxectos ficaron anulados “non se anulou aínda a concesión. A Sociedade Saltos de Navia iniciou a tramitación administrativa dun novo proxecto que plantexa unha presa cunha cota de 289 metros, unha capacidade de almacenamento de 123 hectómetros cúbicos e unha conca de 1.065 quilómetros cadrados entre Galiza e o límite con Asturias”.
Unha central, explicou, que se ubicaría na marxe esquerda do río Suarna en Fonsagrada. Ocuparía máis de 15 quilómetros de conca e tamén anegaría 7 quilómetros do río Suarna e 1,5 do río Rao.
Jorquera afirmou que “as consecuencia desta permanente ameaza xa foron catastróficas para a comarca do alto Navia. E motivou o abandono masivo de poboación, desvalorizou os recursos agrarios e naturais da zona, fixo inviábel todo tipo de iniciativa privada por temor a que as terras fosen anegadas”.
O deputado nacionalista deixou clara a rotunda oposición dos veciños, das organización políticas, asociacións ecoloxistas de Galiza e Asturias, a Coordenadora de organizacións de Defensa Ambiental do Estado e o Bureau Europeo do Medio Ambiente. Así como pronunciamentos en contra dos concellos afectados e de máis de 50 concellos de toda Galiza, da Deputación de Lugo e do Parlamento galego.
O deputado nacionalista deixou clara a rotunda oposición dos veciños, das organización políticas, asociacións ecoloxistas de Galiza e Asturias, a Coordenadora de organizacións de Defensa Ambiental do Estado e o Bureau Europeo do Medio Ambiente. Así como pronunciamentos en contra dos concellos afectados e de máis de 50 concellos de toda Galiza, da Deputación de Lugo e do Parlamento galego.
Jorquera apelou á importanza de preservar e aproveitar os recursos agrarios, forestais, piscícola, paisaxísticos e naturais da comarca. Explicou aos presentes na Comisión que “o territorio que se pretende inundar conserva unha altísima diversidade vexetal, unha abundante fauna e un relevante patrimonio cultural”. Ademáis, o encoro destruiría un dos mellores cotos de troita de Europa, “afectaría gravemente al Lugar de Interese Comunitario conformado polas Serras de Os Ancares e O Courel, espazo declarado Rede Natura e Reserva da Biosfera”.
Sen esquecer, que tamén deixaría debaixo da auga a antiga Ferrería de Vilar de Cuíña. En conclusión, “destruiría a única parte viva do río”. Por iso, instou ao Goberno a negociar coa empresa concesionaria para expropiar, anular ou resgatar a concesión de aproveitamento do Navia. Lembrou que a Ministra de Medio Ambiente se comprometeu recentemente a suspender novas concesións na conca do Miño-Sil mentras non se aprobe o Plano Hidrolóxico. “A mesma situación dáse no Navia”, rematou.
Nenhum comentário:
Postar um comentário