22/07/2011

O Concello de Compostela prohibe a Causa Galiza celebrar o Día da Patria

* Información tomada da web de Causa Galiza (aquí), que divulgamos a petición de compañeiros e compañeiras de dita organización. A decisión do Concello de Santiago de Compostela é un "brutal ataque ás liberdades". Causa Galiza convoca para hoxe unha asemblea aberta no Centro Social O Pichel.

CAUSA GALIZA - Con data do xoves 21 de Xullo, Causa Galiza acaba de recibir a denegación do permiso para a realización da tradicional romaría para conmemorar o Día da Patria Galega no parque de Fermín Bouza Brei. A pesar de que Causa Galiza tiña concedida a autorización do espazo polo propio Concello de Compostela con data 30 de xuño, nun flagrante ataque ás liberdades democráticas hoxe comunicábaselle a denegación da concesión por medio do correo electrónico, e con só un día hábil de prazo para presentar recurso contra a mesma. Segundo a comunicación, a denegación do permiso que xa fora concedido motívase, e citamos textualmente, en "que o paruqe Fermin Bouza Brei atópase contiguo á Avenida Juan XXII (sic), que comunica coa Praza do Obradoiro, na que os días 24 e 25 de xullo atópanse un grande número de autoridades con motivo da celebración da ofrenda nacional ao apóstolo". Perante este atropelo, e ademais de xa estar a tomar as medidas legais pertinentes, Causa Galiza convoca a unha asemblea aberta para este venres 22 ás 20:00 horas no Centro Social O Pichel, para concretar as medidas a tomar.

Nenhum comentário: