Baltar do PP dando esmola, neste caso non se repetiu aquilo de "en mi hambre mando yo". |
Máis unha vez os dados que translocen da xestión da brigada de demolición e limpeza étnica instalada en San Caetano son terríbeis. No mes de setembro o desemprego subiu en Galiza 8333 persoas, ou sexa, 3'71% porriba da media estatal (que se sitúa no 2'31%). O desemprego subiu na maioría das CC.AA cun 6'59% en Baleares, 5'81% en Cantabria... e apenas descendeu en La Rioja (2'04%), Castela-A Mancha (0'36%) e en Canarias (0'18%). Daquela, no conxunto do Estado o desemprego aumentou en setembro (con respecto a agosto) en 95817 persoas aumentando o drama da miseria para máis e máis familias. Trátase dun 2'31% máis e inza o desemprego até 4226744 persoas segundo o Ministerio de Traballo e Inmigración.
Galiza (3'71%) está á cabeza da destrución de emprego, só por tras de Baleares, Cantabria, Extremadura (4'56%) e Castela e León (3'93%). No entanto en termos absolutos o desemprego subiu máis en Andalucia (23.592 persoas), Catalunya (16.282) e Madrid (10.209). Se ollamos para o crecemento interanual (tomando entón como referencia setembro de 2010) os incrementos máis macizos de desemprego déronse en Castela-A Mancha (10'73%), Cantabria (9'97%), Euzkadi (8'70%) e Asturies (8'05%). No entanto en termos absolutos Andalucía volta pórse en cabeza con 45449 parados máis, Catalunya con 43.662 desempregados máis e o País Valencià con 23.495.
En Galiza, 8336 persoas ficaron sen emprego neste mes de setembro cando Feijoo prometera rematar coa crise na carreiriña dun can e cando o PP promete agora practicamente o pleno emprego. A vella cantinela da demagoxia da extrema-dereita para facerse co poder custe o que custe. Todo isto cando a axencia de ranting Ficht declara bono-merda os de No.Ca.Ga. (Nova Caixa Galicia). Galiza vai ben!
Nenhum comentário:
Postar um comentário