Nova tirada de Europa Press, así como a imaxe (aquí). Véxase tamén estes artigos relacionados: "O BNG está moi enfermo" (aquí), comunicado do EI sobre as eleccións xerais (aquí), "Cinco notas sobre as eleccións" (aquí), "O Partido Popular e a clase traballadora española" (aquí), "Sobre o frente único e o papel do PSOE na II Restauraçom bourbónica" (aquí) e "As eleiçons do 20-n: dados e breves impresons" (aqui).
Lamenta que voces se "preocupen" pola irrupción de Amaiur no Congreso pero "non polo fascismo rampante" en España
O voceiro nacional do Encontro Irmandiño --partido integrado no BNG--, Xosé Manuel Beiras, considerou un "fenómeno aberrante" nunha "sociedade sa" que o candidato do PP a La Moncloa, Mariano Rajoy, obtivera eses resultados, e atribuíunos á "chantaxe do medo" e a un "lavado de cerebro" á sociedade perpetrado polo "poder mediático e económico".
En rolda de prensa un día despois dos comicios xerais, Beiras riscou os comicios de "pallasada, farsa, proceso trucado dende o principio", e asegurou que "os grandes poderes dos grupos económicos e mediáticos vinculados aos poderes de capital financeiro e especulador fixeron un proceso de lavado da cidadanía para preparar a manipulación da xente, de maneira que as mentes non funcionasen no exercicio do que propiamente é liberdade".
A iso, engadiu a "chantaxe do medo" e "o proceso de conversión de cada vez máis segmentos da maioría social en súbditos", é dicir, advertiu que vai en aumento o número de persoas "sometidas ao temor do que pasará mañá". Ao seu xuízo, levouse a cabo unha campaña de propaganda "aproveitando a incidencia sobre os resortes dese medo".
O resultado, reprobou, é que Mariano Rajoy chegou á vitoria á cabeza dun partido "connivente co xenocidio en Oriente Medio, que foi connivente cos crimes contra a humanidade perpetrados en Iraq e antes en Afganistán; que compartiu e foi colaborar activo da mentira universal das armas de destrución masiva do Gobiermo de Sadam Husein; que en 2004 non tivo reparo ante a traxedia daquel atentado en montar unha mentira, importándolle un nabo os cidadáns...".
Xosé Manuel Beiras concluíu que, "que este individuo, que é o señor dos hilillos, que demostrou a absoluta inconpetencia,", constitúe un "fenómeno absolutamente aberrante nunha sociedade normal, sa dende o punto de vista democrático". "Se isto puidese acontecer nunha sociedade democrática normal isto significaría que a democracia non serve, que non funciona", reflexionou.
Xosé Manuel Beiras argumenta que para que exista ten que haber "opinión pública", e indicou que esta nace "da información veraz", que é "fundamental para o funcionamento da cidadanía", pero iso foi "papel mollado" e "o resultado é o que é".

AMAIUR
Por outro lado, destacou os resultados obtidos pola coñecida como esquerda abertzale a través de Amaiur e, neste sentido, subliñou que fixo un "proceso de reconversión para a asunción da vía democrática, enormemente difícil cando está arraigado na historia e hábitos" o camiño das armas.
Así, e fronte ás voces que ven "preocupante" esta irrupción nas Cortes Xerais, Xosé Manuel Beiras lamentou que a estas mesmas "non lle preocupen nada o fascismo rampante" por España.
Nenhum comentário:
Postar um comentário