30/11/2011

A morte do euro cada paso máis cerca



A Eurozona onde encamiñouse para máis un esforzo de reforzo para frear as embestidas dos intocábeis "mercados". Os ministros de economia de Eurolandia acordaron os detalles necesarios para incrementar a potencia do Fondo Europeo de Estabilidade Financeira (EFSF en inglés), definido por moitos economistas como unha pantalla, que poderá avalar emisións de débdeda dos estados en apretos desde decembro e mercar bonos nos mercados a partir de xaneiro. No entanto, recoñeceuse que non poderían chegar até o billón de euros na dotación do mecanismo nestes intres. Actualmente a dotación do EFSF é de 440.000 euros, mais só están dispoñíbeis 250.000€ porque o resto está comprometido xa para os resgates de Grecia, Irlanda e Portugal. O Reino de España contribúe para a partida con 750 millóns.

Por tanto, acordaron lanzarse ás mans do FMI e solicitar a súa participación. Aliás, se os socios non conseguen fechar un pacto en dez días o euro podería enfrentarse á súa implosión e tamén se coñece que as transnacionais xa están preparando planos para a eventualidade dun colapso do euro. "Somos conscientes de que son poucas as empresas para facer planos de continxencia en caso dun colapso do euro. Dito isto, fixemos unha análise, aproximadamente, sobre as consecuencias do final do Euro en Portugal", dixo ao Financial Times o director de Vollkswagen Autoeuropa, un dos maiores exportadores de Portugal. Jürgen Hoffmann Dieter indicou que o "impacot non sería tan negativo para a nosa empresa, xa que son principalmente un exportador e pertencer a un grupo con presenza en todo o mundo axuda".

No Estado español, algunhas persoas xa comezan a pór sobre a mesa a "morte" do euro, entre elas Novo Nordisk (produce medicamentos para a diabete) para fixar prezos en cado de desmoroarse o euro, segundo El Páis. A semana pasada, 14 dos 20 economistas consultados pola axencia Reuters, dixeron que a moeda única non sobreviviría na súa actual forma e admitiron que as empresas comezan a preparse para un cenario extremo.

Nenhum comentário: