Imaxe da AN constituínte do EI. |
Escribín estas pequenas liñas para un acto público de denuncia diante da casa dun oligarca, nunha praza da cidade vella coruñesa, convidado polo Robin Hood, hai unhas semanas.
1. Imposición da lóxica do lucro e da maximización de beneficios como único paradigma do uso dos cartos.
2. Eliminación total do posíbel valor social das inversión.
3. Eliminación do dereito ao crédito como dereito de cidadanía.
4. A construción e afortalecemento dun discurso de lóxica de cominación non racional. As caixas non tiveron problemas financeiros comparábel ao dos bancos en termos de solvencia; estes tiveron que ser rescatados polo Estado sen procesos de nacionalización ou socialización senón que por riba foron obsequiados co sistema de aforro pseudo-público.
5. Eliminación da labor social das entidades financeiras.
6. Absorción e eliminación do patrimonio social acumulado en décadas.
7. Eliminación da relación económica financeira co territorio e coas actividades económicas máis próximas que as constituíron; este desarraigo co territorio volve novamente a deshumanizar a actividade económica.
8. Evidencia a submisión e o servilismo da patronal aos intereses financeiros privados.
9. O proceso de bancarización afortala o capitaneo da actividade económica privada na construción das estruturas sociais (no senso máis amplo) “o tanto tes tanto vales” levado ao extremos da submisión das soberanías populares das políticas públicas á vontade dos intereses privados.
10. Desprezo absoluto polas máis elementais fórmulas democráticas exercendo unha nova tiranía do poder mercando sen pudor aos elementos centrais das democracias representativas: os partidos políticos. Tecendo unha nova hesemonía social baseada na mercantilización da democracia, das persoas, da natureza, das relacións humanas (dos coidados), etc…
Por último, a esquerda social, os movementos sociais e a cidadanía no seu conxunto debe respostar a este proceso de mercantilización, expoliación e roubo ao que están sometendo á sociedade mercantilizando todas as esferas; eis por iso que a economía social cobra nestes momentos unha relevancia capital na construción de alternativas posíbeis e cunha lóxica diverxente da razón capitalista.
Moito obrigado e que a denuncia aos oligarcas continúe.
Nenhum comentário:
Postar um comentário