Pepe Seijo. Tirado de El País (aquí) e traducido por nós.
Recortes, austeridade, déficit desbocado... Acotío e en todas partes repítense as mesmas palabras e todos os niveis administrativos, do Goberno central aos pequenos concellos, sacaron a tesoira para sobrevivir. Porén nese deserto alimentado pola crise, Lugo converteuse nun oasis. Tanto o Concello da cidade como a Deputación Provincial, ambos os gobernados por bipartitos de PSdeG e BNG, van dispor o próximo ano de máis diñeiro. Contra a tendencia case unánime, o orzamento da cidade creceu un 1,8% (en total, suma 92 millóns de euros) e o da institución provincial máis dun 2%, até situarse en 94 millóns. A recadación por subida de taxas e, sobre todo, a captación de fondos europeos explican, segundo os gobernos destas institucións, que puidesen elaborar unhas contas para 2012 ao contraxeito de todos os demais.
Socialistas e nacionalistas aseguran que, a pesar destes incrementos, as contas confeccionáronse con responsabilidade, priorizando "para atender as necesidades esenciais" e sen evitar medidas de austeridade. Entre as dúas administracións aseguran que van aforar máis de millón e medio de euros en gastos de persoal. "Baixamos en 500.000 euros grazas ás amortizacións de prazas vacantes, garantindo a substitución por baixas ou excedencias nas áreas de servizos sociais e educación", detalla a concelleira de economía do Concello, a socialista Sonia Méndez.
Tamén se recortou nas dúas grandes festas, o San Froilán e o Arde Lucus, que terán un 12% menos de orzamento, cun aforro de 100.000 euros en total. Incluso os máis directamente afectados móstranse comprensivos. "Mellor sería que houbese uns bos fastos e unhas boas festas, mais as circunstancias son as que son", resígnase o presidente da asociación de hostalaría, Francisco José Real. "Con todo, deberían manter as partidas do pasado ano, porque isto tería que entenderse como un investimento e non como un gasto". Ambas as festas atraen cada ano en conxunto a uns dous millóns de visitantes.
Ademais, con carácter xeral os impostos municipais actualízanse de acordo co IPC do último ano, que foi do 3%. O cálculo que fai o goberno local é que este aumento na carga fiscal vaille a supor a cada un dos case 100.000 lucenses un desembolso anual de 10 euros, "que equivalen a 83 céntimos ao mes", resalta Méndez. O que máis van notar nos seus recibos os veciños da cidade son os prezos da auga, que se encarece un 5% "para facer fronte a un servizo que mellorou considerabelmente" coa nova estación depuradora.
O goberno local mesmo vai manter conxelado o prezo do billete de bus urbano, que seguirá sendo de 64 céntimos o ordinario e 45 céntimos si se adquire un bono. O PP, con todo, tamén chama a atención sobre a presión sancionadora que vai exercer o goberno local, xa que o orzamento "prevé obter 1.780.000 euros por sancións de diverso tipo, de tráfico, urbanísticas e tributarias", advirte o portavoz adxunto do PP, Arcadio Silvosa. Son 100.000 euros máis que no exercicio anterior.
O executivo que dirixe o alcalde socialista Xosé López Orozco vaise a endebedar ademais en cinco millóns de euros para financiar obras ao longo do ano. A concelleira Sonia Méndez sostén que hai marxe, porque o endebedamento total, segundo ela, non supera os 40 millóns. O PP non só pon en dúbida esta cifra, senón que asegura que a débeda real é o dobre do declarado.
Na Deputación, o equipo do presidente, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, dá unha explicación moi clara da súa marxe para aumentar gastos: "Europa premiounos con máis fondos, revalidando a súa confianza debido á xestión realizada coa anterior convocatoria". Con Francisco Cacharro non existía un departamento de fondos europeos. Besteiro creouno e desde entón non deixou de captar fondos dedicados fundamentalmente ao emprego, ao medio ambiente e a novas tecnoloxías. O resultado é que para este ano a Deputación disporá de 14.460.626 euros procedentes de Bruxelas.
A esta fírgoa que se abre coas axudas da UE non é alleo tampouco o Concello de Lugo. Os investimentos, que non chegan 10% do orzamento -sobre nove millóns de euros-, experimenta unha subida das 6,6% grazas ao Plano Urbano, tamén xestionado desde Bruxelas. Iso permitirá acometer melloras de rúas, obras de saneamento, expropiacións pendentes e até iniciar a construción dun viveiro industrial para emprendedores.

"As contas son irreais", di o PP
O Partido Popular, na oposición tanto no Concello como na Deputación Provincial, non se cre que Lugo teña ningunha solución máxica para esquivar a onda de restricións orzamentarias. Fronte ás explicacións que ofrecen os bipartitos de socialistas e nacionalistas, os representantes dos populares en ambas as institucións ofrecen a mesma explicación: o aumento orzamentario prodúcese porque as contas son "irreais". Os populares vaticinan que o tempo o demostrará
"Estes orzamentos responden a unha situación irreal que logo, cando empecen a executarse, verase que é imposible, o que indica unha falta de responsabilidade", afirma Xosé Manuel Barreiro, aínda líder da oposición provincial a pesar do seu recente nomeamento como portavoz do PP no Senado. Barreiro anticipa que o seu partido vai seguir de forma moi directa cal vai ser a execución dese orzamento" xa que sospeita que nas contas hai "partidas infladas". "O gasto non se dedica ao que debería dedicar, senón a cuestións moi vinculadas coa proxección persoal do presidente e do vicepresidente, en definitiva a unha repartición política entre o PSOE e o BNG", sostén o tamén presidente provincial do PP .
No Concello, a explicación que ofrecen os populares é idéntica. "Os orzamentos están inflados e as súas previsións resultan irreais", conclúe o líder da oposición local, Jaime Castiñeira. O dirixente do PP pon un exemplo: o Concello prevé uns 15 millóns de euros pola súa participación nos ingresos do Estado, dous máis que o exercicio anterior, o que, segundo os populares, non se vai a cumprir.
Polo demais, o PP tamén critica que parte do aumento orzamentario finánciese con aumentos de impostos. Arcadio Silvosa, o seu portavoz adxunto, indica que "tendo en conta a maior presión recadatoria e a subida de taxas e impostos dun 3% a un 5%, resulta que os lucenses seremos dos galegos que máis teremos que rascarnos o peto en 2012".
Nenhum comentário:
Postar um comentário