A recentemente anunciada subida de impostos e os recortes decretados polo novo Goberno central custaranlle a cada familia galega, só durante 2012, ao redor de 875 euros.
Así o indicou nunha rolda de prensa simultánea con catorce portavoces socialistas noutras tantas comunidades o portavoz do PSdeG na Cámara autonómica, Abel Losada, que afirmou tamén que Galicia, con estas medidas, resulta "dobremente recortada" despois de tres anos de "restriccións orzamentaris" do Executivo Feijóo.
Losada considerou, ademais, que este axuste é "claramente inxusto" para Galiza, que se ve obrigada coa "cubrir as débedas doutras autonomías", lembrando que a Comunidade Valenciana debe 20.000 millóns, moi preto da débeda da de Madrid, que se sitúa nos 15.000 millóns. En canto a concellos, sinalou o buraco de Valencia, estimado nuns 850 millóns ou o de Madrid, de 6.900.
Nenhum comentário:
Postar um comentário