15/03/2012

"O PSdG non ten un proxecto galego e o Bloque dilapidouno"

Xoán Hermida. Entrevista tirada de aquí e traducida por nós.



Espazo Ecogaleguista constituirase en partido político o próximo 26 de maio. Unhas 130 persoas adhírense a este proxecto de esquerda que se presenta como "unha cooperativa política" que englobe accións e ideas nun espazo común propio e propoña unha alianza con outras formacións progresistas para concorrer ás autonómicas. "Queremos ser un partido do século XXI que beba da protesta común", promulga o seu portavoz, Xoán Hermida, crítico coa oposición que PSdeG e BNG fan ao Goberno "deconstructor" da Xunta.

-As sondaxes revelan unha caída no aprecio do cidadán cara á clase política. Como pode facer un futuro partido que se recupere o afecto?

-Queremos incluír na nosa axenda os temas que non están na axenda política dos partidos de Galiza e si na esquerda verde europea: sustentabilidade ecolóxica, radicalidad democrática, globalización xusta e pacífica, un novo estilo de facer política. E non queremos facer política sós, senón construír un proxecto común de esquerda nacional amplo que consiga ser dúas cousas que a esquerda de agora non ten: unha casa habitábel para os que estamos dentro e unha casa amable para os que están fóra.

-Non parecen dar esa imaxe o PSdeG e o Bloque, divididos tras os seus respectivos congresos.

-Á oposición esíxeselle criticar ao Goberno e construír unha alternativa, e hoxe nin PSdeG nin Bloque están en condicións: o primeiro non ten un proxecto galego e o segundo dilapidouno nun movemento sectario cada vez máis grande ao que lle sobra xente. Nós non competiremos coa oposición, eles provocaron que aparecesen novas forzas políticas.

-Que referencia política vai ofrecer Espazo EcoGaleguista?

-Non queremos ser un partido clásico. O 15-M puxo de relevo que a xente perdeu afecto polos partidos e frontes políticas tradicionais, non tanto polos seus programas senón pola súa metodoloxía e por dar as costas á sociedade. Cos cambios de hoxe fai falta que xurdan novos referentes políticos. De feito en Galiza naceron tres en ano e medio: irmandiños, Máis Galiza e nós, que estamos en proceso.

Nenhum comentário: