Alejandro Nadal. Artigo tirado de SinPermiso (aquí).
A crise en Europa atravesou varias etapas e agora chegou a fase da discusión política. É a fase que máis temen o establishment, o sistema bancario e as grandes corporacións e centros de poder. Nótase na imprensa internacional de negocios. Esta é a etapa máis importante porque nela ábrese a controversia política e os pobos comezan a deliberar sobre o seu futuro. Recuperan a palabra, a conciencia histórica e pensan o seu destino. Ao poder estabelecido repúgnalle este momento democrático e buscará distorsionarlo e corrompelo de mil maneiras.
Cando a crise comezou co colapso inmobiliario en Estados Unidos, a economía europea foi a primeira en sufrir a aguillada. A bursatilización de activos tóxicos estadounidenses fora o medio de contaxio no sistema bancario e financeiro europeo. O primeiro síntoma foi o colapso dos bancos BNP Paribas (setembro 2007) e Northern Rock (nacionalizado en febreiro 2008). O conxelamento no mercado de diñeiro interbancario fixo o demais: a correa de transmisión conduciu a unha caída no investimento e a demanda final. A corrosión no sector financeiro foi seguida dun freo na actividade da economía real (non financeira).
A segunda fase da crise arrinca coa caída no nivel de actividade e a redución nos ingresos tributarios. Ao mesmo tempo, a coordinación no seo do G-20 levou a un aumento no gasto público para estimular a economía e mitigar o efecto da caída na demanda agregada. A contracción nos ingresos tributarios e a expansión no gasto público combináronse para incrementar fortemente o déficit fiscal. E como a arquitectura da unión monetaria impide ao Banco central europeo (BCE) financiar aos gobernos da zona euro, non quedou máis remedio que acudir aos mercados financeiros, en cuxas augas as quenllas están cebadas. Por iso esta segunda etapa da crise preséntase para moitos como unha crise de endebedamento dos gobernos. Pero esa non é a súa verdadeira natureza.
A evolución da crise non é lineal. As diversas caras da crise coexisten: a nacionalización de Bankia no Estado español confirma que o sistema bancario en Europa está danado e terá que seguir en coidados intensivos. A primeira fase da crise non pasou en balde, e a austeridade non só non arranxa nada senón que agrava as cousas. A restrición fiscal xa conduciu á recesión e agora vén a mobilización política para evitar que os danos magoen á poboación europea.

Moito se escribiu sobre o triste estado da teoría económica convencional. Non puido prever a crise porque é esencialmente un discurso ideolóxico e para facer a apología do réxime ultraliberal o que menos se quería era falar da inestabilidade intrínseca do capitalismo. Confrontada co fenómeno do desemprego esa mesma teoría estándar sempre insistiu en que a culpa a tiñan os sindicatos e calquera forma de protección laboral. É o mito da rixidez de prezos que segue sendo a arma predilecta de propaganda política ultraliberal. Por iso, pasada a primeira sorpresa os portavoces do poder ultraliberal recuperaron a iniciativa e relanzaron o seu discurso en contra do gasto público e a favor das reformas estruturais. O ultraliberalismo recoñeceu rápido a oportunidade para unha nova guerra contra o estado de benestar. O contrasinal nesta nova ofensiva é a palabra austeridade.
Os economistas saben desde hai moito tempo que aplicar un réxime de austeridade nunha contracción económica é a mellor receita para afundir unha economía nunha depresión. Porén aquí non importa que o diagnóstico sexa equivocado e que a menciña da austeridade estexa contraindicado. Os poderes na Unión Europea, no BCE e no Fondo monetario internacional (FMI) só pensan en rescatar o programa ultraliberal. O castigo contra os pobos dos estados grego, español, portugués e italiano mostra claramente a natureza podrecida do seu proxecto. Aos poderes estabelecidos non lles interesa a democracia, nin os cidadáns da Unión Europea. O pobo é material gastábeñ porque o único que conta neste momento é salvar o proxecto ultraliberal.
De face ás eleccións do 17 de xuño, Alexis Tsipras, dirixente da formación de esquerda radical Syriza, ten razón ao sinalar que o fundamento de Europa é a democracia e a solidariedade, non un pacto organizado ao redor das dogmas da austeridade fiscal e a estabilidade de prezos. Non hai que equivocarse, esta é a crise dun modelo económico baseado na especulación e a explotación, non a crise do estado de benestar. A lucidez dos pobos acabará coa andrómena ultraliberal. A moeda única debe ter outro fundamento e, en todo caso, non se vai a salvar coa dogma da austeridade ultraliberal e a destrución do estado de benestar en Europa. En América e en Europa, unha nova economía debe construírse sobre as ruínas do proxecto ultraliberal.
Nenhum comentário:
Postar um comentário