¿Para quen traballan os economistas do FMI? ¿Por que impón o FMI sempre as mesmas medidas: redución de gastos públicos, privatizacións a esgalla, liberación de servizos, liberdade absoluta de movemento para os capitais e desregulamento financeiro, entre outras agudezas neoliberais? Os grandes grupos financeiros e industriais, xunto a esa ortopedia da oligarquía que recibe o nome de axencias de cualificación -erráticos mais interesados árbitros da economía mundial-, son, en realidade, os que exercen o goberno, sendo así que a democracia -pobre democracia- se converte nunha triste troita que vai polo río abaixo de pé. ¿Acaso non se está a producir, como ben advirte David C. Korten, autor da obra Cando as transnacionais gobernan o mundo, unha transformación consciente e intencional "impulsada por soños globais de grandes imperios empresariais, Gobernos condescendentes, unha monocultura consumista globalizada e un compromiso ideolóxico universal co liberalismo empresarial"? Lúcida análise da realidade esta. Porque as grandes compañías financeiras (os mercados financeiros mundiais) están a se configurar como un Goberno mundial na sombra, pondo en cuestión gravemente non só a soberanía política dos países e dos Estados senón tamén a realidade mesma da democracia como forma de goberno. Korten, profesor no seu día da Universidade de Harvard e recoñecido economista, sabe moi ben que "a tiranía do mercado escraviza á maioría en pro dos intereses duns poucos" e non dubida á hora de afirmar que tanto o Fondo Monetario Internacional como o Banco Mundial actúan con absoluto secretismo no seu funcionamento interno, propiciando así todo tipo de operacións financeiras lesivas para o conxunto da humanidade.
revolta irmandinha
24/07/2010
Para quen gobernan os gobernos?
Miguel Anxo Fernán-Vello, artigo tirado de aqui.
Cando ese ente denominado Mercados actúa en clave económica, por suposto, mais tamén en clave política, os Gobernos, dun tempo a esta parte, adoitan renderse ao xugo imposto e seguiren as pautas marcadas polo Fondo Monetario Internacional e polos señores que, á par, dirixen os mercados financeiros.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário