O soño Americano non se está desenvolvendo como o esperaba Richard Silva. Silva, de 20 anos, actualmente estuda na Universidade de Cerritos, unha escola de dous anos ao sur de Los Ángeles. Graduouse da preparatoria no 2009 e esperaba, nesa altura, que sería transferido a unha escola de catro anos este próximo outono.
Non hai forma. Cerritos non ofrece as aulas que estudantes como Silva necesitan para graduarse. No 2008, o semestre de verán da universidade ofreceu 1.352 clases. A lista deste verán contén unhas 200 clases. Un curso de dous anos, protestaron os estudantes de Cerritos a semana pasada, agora toma de tres a cinco anos, mesmo seis.
"A este ritmo", dixo Silva a semana pasada, "Non poderei transferirme a unha universidade de catro anos até o 2013."
Richard Silva non está só. Menos da metade dos estadounidenses que se gradúan da preparatoria e seguen a estudos superiores reciben algún tipo de título dentro de seis anos.
A educación superior estadounidense non está a funcionar ben para os estudantes nin para os profesores. As universidades, en anos recentes, estiveron substituíndo aos profesores normais de tempo completo con opcións máis baratas: profesores a tempo parcial, estudantes de posgrao e profesores de tempo completo que non cualifican para a titularidade.
Os profesores a tempo parcial agora representan case a metade dos profesores da educación superior da nación.
Mentres tanto, os altos funcionarios nas universidades reciben paquetes de pagos de ás veces sete cifras. De acordo coas estatísticas máis recentes da Chronicle of Higher Education, 30 presidentes de universidades privadas gañan máis de 1 millón de dólares e 59 presidentes de institucións públicas reciben polo menos 500 mil dólares.
En efecto, observa o ex membro do corpo docente de Yale, William Deresiewicz, nunha nova e poderosa análise en Nation. Replicamos dentro da educación superior "un microcosmos da economía americana: unha aristocracia que se auto-enriquece, un crecente e cada vez máis pobre proletariado e unha clase media cada vez máis moza."
Temos máis que só imaxes en espello. Temos imaxes interactivas. A desigualdade na sociedade nutriu a brecha de desigualdade que agora vemos na educación superior, e esta desigualdade esta facendo que a sociedade sexa cada vez menos igualitaria.
A educación superior en efecto só está a funcionar para os ricos.
A cobertura mediática da educación superior, ironicamente, trata á concentración de ingresos e riquezas á cima de América como a solución dos problemas das nosas universidades, non as súas causas. Con frecuencia ouvimos falar da xenerosidade dos de petos profundos e os mega millóns que lle doan á súa alma maters.
A Universidade de Pensilvania, por exemplo, estivo pavoneándose respecto dun agasallo de 225 millóns de dólares, a "máis grande contribución nos 246 anos de historia da institución", que acaba de chegar de parte dos pais do multi-millionario Ronal Perelman.
En total, seis universidades recibiron este ano un donativo individual de polo menos 100 millóns de dólares. Yale, tan só en marzo, recibiu 270 millóns de desbastares dos seus ex-alumnos de elite, un novo recorde para a escola.
Todos estes donativos axudan a definir o noso status quo educativo anual: as nosas institucións de educación superior de elite --as institucións que educan á elite política e económica de EEUU-- volvéronse fantasticamente ricas. Harvard terminou o ano con fondos de $26'7 mil millóns de dólares. Yale, con $16'7 mil millóns e Princenton con $14'4 mil millóns.
En contraste, a universidade estadounidense media ten fondos de tan só $72'9 millóns. Para pór estes números en perspectiva: Harvard posúe $380 por cada $1 que ten a universidade media.
No 2007, xusto antes da caída da industria financeira no 2008, as 22 institucións de educación superior en EEUU tiñan máis riqueza que o resto das 785 institucións que a national college business officerassociation rastrexa. Non é para sorprenderse: A medida que máis se concentra a riqueza en Estados Unidos, máis contribúen os ricos ás universidades de elite.
Hai décadas, a mediados do século XX, os dólares provintes dos petos de elite axudaron a financiar as universidades públicas de EEUU. Neses anos, os estados e o goberno federal cobraban impostos a unha taxa case tres veces maior que a de hoxe en día.
Eses impostos fixeron posíbel a enorme expansión da educación pública nos 50s e 60s. Pola primeira vez na historia mundial, ir á universidade converteuse nunha opción factíbel para estudantes de familias traballadoras.
Agora esa opción está a desaparecer --en Cerritos e a través de Estados Unidos-- conforme a caída de ingresos provenientes dos impostos sobre os ricos convértense en recortes ao orzamento federal e estatal para universidades de dúas e catro anos.
A máis danada: a axuda a estudantes. Fai trinta anos, segundo o analista Bryce Covert, dous terzos da axuda a estudantes universitarios viña do goberno. Agora dous terzos provén de préstamos, e iso significa débedas aínda máis pesadas.
Os graduados desta primavera chegarán ao mundo con $22.900 desbastares de débeda en media. A débeda estudantil total chegou a $530 mil millóns de dólares este decembro pasado, unha razón, engade Bryce Covert, pola cal un terzo de todos os adultos menores de 33 non teñen aforros.
Hai medio século, Estados Unidos literalmente "inventou" a educación superior como fenómeno de masas. Durante anos, Estados Unidos tivo máis graduados universitarios que calquera outra nación. Agora é o noveno lugar.
Os estadounidenses que dedicaron as súas carreiras á educación superior sempre quixeron crear unha nación educada. Para iso necesitamos unha nación máis igual.
Nenhum comentário:
Postar um comentário