25/09/2011

Algúns inquéritos sobre o 20 n

Redacción. Existe un sondeo on-line en que todos podedes "votar".

Resumo dos inquéritos publicados por diversos medios nos últimos días:
+ Cadena Ser: PP 45%, PSOE 32%
+ El País: PP 44'8%, PSOE 30'7%
+ La Razón: PP 46'5%, PSOE 30'8%
+ La Sexta: PP 45'8%, PSOE 35'5%
+ ABC: PP 47'1%, PSOE 32'3%`
+ Cope: PP 45'1%, PSOE 31'1%

No conxunto dos inquéritos están en xogo entre o PP e o PSOE 10% dos votos que marcariam umha maioría absoluta do PP ou unha maioría simple do PP que requeriría pactar con CiU. O promedio das sondaxes dá un resultado de 13'5 puntos a prol do PP. Non obstante todas as enquisas falan tamén dunha cifra de indecisos altísima, por volta do 30%, e unha participación do 70%, ou sexa 5% inferior ao de 2008.

A fideladidade dos votantes do PP é de 90%, perante o 60% do PSOE, o que quere dicir que a abstención e os indecisos afectan sobre todo ao PSOE. En El País (aquí) fálase de que non serán as mellores eleccións para o bipartidismo. 


O PSOE pasaría de 43'7% a 30'7%, mentres o PP subiría sobre 5 pontos e Esquerda Unida e UPyD coñecerían subidas significativas, que, no entanto, dada o sistema de reparto de escanos, veremos como se traduce no novo parlamento do Reino de España. A esquerda basca da coalición de Bildu podería ter grupo propio no parlamento cuns resultados históricos, quizais a única boa nova para a esquerda real. CiU e PNV manteríanse con pequenas variacións.

Pola súa banda La Voz de Galicia emitiu un inquérito onde 71% dos galegos achan que a sanidade e a educación se deteriorarán após as eleccións estatais do 20 de novembro. A porcentaxe non merece maior comentario aínda que sexa moi diverxente da intención de voto, como adoita pasar inflelizmente na maioría das ocasións. A porcentaxe é máis alta nas vilas que nas cidades o que podería consagrar a ascensión do voto urbano de dereitas, rachando o tradicional "feudo" da esquerda. No rural tamén baixa a porcentaxe, feudo tradicional do PP.

En Galiza existen 4 circunscricións: a Cruña con 8 escanos (perde un), Ourense con 4 escanos, Lugo con 4 escanos e Pontevedra con 7 escanos, polo que o 20-n en Galiza estarán en xogo 23 escanos incluídos os dous que actualmente ten o BNG. 

O BNG

O CIS, en xullo, dáballe ao BNG 0'5% dos votos (unha baixada a respecto do 0'9% de abril e xaneiro de 2011). En xuño La Razón dáballe 1% (aquí), resultado que mantén no inquérito de agosto con 117 escanos para o PSOE, a peor cifra do partido na II Restauración borbónica. Bildu obtería 4 escanos, EQUO 2, Compromís 2 (nacionalistas do País Valencià), UPyD entre 3-4,  CiU entre 14-16, PNV 5-6, ERC 1-2... 

En setembro a Cope dálle no seu inquérito ao BNG 0'8% dos votos e dous escanos.1 a ERC, 8 a Esquerda Unida, 13 a CiU, 6 ao PNV e 4 a UPyD.

Nenhum comentário: