A prima de risco de España está por encima dos 350 puntos básicos. Isto significa que o sobrecusto do financiamento español respecto de Alemaña (que se usa como referencia) é moi elevado. Demasiado. Os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2011 estimaron un gasto en intereses de débeda pública de 27.000 millóns de euros, aproximadamente. Pero en setembro de 2010, cando se elaboraron, a prima de risco estaba nos 170 puntos básicos. O custo duplicouse. O mesmo sucede cos credit default swaps (CDS) ou seguros contra falta de pagamento. Hai un ano, por cada dez millóns de euros de débeda soberana emitida por España debían pagarse 200.000 euros en asegurala. Hoxe os CDS están por encima dos 410 puntos. Isto significa que, tamén aquí, o custo duplicouse (até 410.000 euros a pagar por cada dez millóns de euros de débeda).
A Bolsa colápsase por varias razóns. A banca é a máis penalizada, en gran medida, como apunta o economista Barry Eichengreen, porque ten "moitas debilidades". O FMI, nun informe que desvelará esta mesma semana, cre que a banca europea ten un déficit de capital de 273.000 millóns de euros, máis do dobre do que custou até agora o rescate grego e máis dun 25% do PIB español. De producirse unha quita da débeda grega, como é máis que probábel, sería a banca francesa e alemá a que máis padecería.
Así as cousas, hai futuro para o proxecto da moeda única? Asómase un proceso recesivo tal e como apuntan directamente desde o FMI, Banco Mundial e infinitud de expertos. A debilidade da economía norteamericana e as fraquezas de Europa poden volver arrastrar ao mundo ás mesmas augas fanganosas nas que se afundiu fai tres anos. Segundo un informe elaborado por Stephane Deo, Donovan Paul e Larry Hatheway de UBS, abandonar o euro é "insustentábel". Pero profundan nunha tráxica contradición: "o euro non debería existir baixo a estrutura actual e, con ela, o euro non funciona".
Deo asegura que "a razón é moi simple. Houbo unha unión monetaria sen facer primeiro unha unión fiscal". Por iso é polo que reclame "un paso máis". Deixar morrer a moeda única? É un dos escenarios que expón, aínda que é franco ao mencionar as súas consecuencias: "Francamente, a ruptura da eurozona é un escenario desastroso". Por iso cre que "non vai pasar". No Tratado de Lisboa non existe, para empezar, ningún artigo que permita a posibilidade legal de "abandonar" a eurozona.
1. Abandonar o euro: Implicaría unha quebra da débeda soberana, da débeda privada e o colapso tanto do sistema financeiro como do comercio internacional. Segundo a estimación de UBS, custaría entre 9.500 e 11.500 euros por persoa durante o primeiro ano. Os seguintes exercicios terían un custo de entre 3.000 e 4.000 euros por cidadán. Isto implica gastar entre o 40 e o 50% do PIB.
2. Que Alemaña abandone o euro: Implicaría tamén un default da débeda privada (empresas), así como a recapitalización do seu sistema bancario. Cada alemán (adultos e nenos) terían que pagar até 4.500 euros durante varios anos, e até 8.000 o primeiro dos exercicios. Equivalería ao 25% do seu PIB.
3. Quebra de Irlanda, Portugal e Grecia: custaría pouco máis de 1.000 euros por cabeza, segundo as estimacións de UBS.
4. O custo político: suporía a desaparición do concepto de Europa no mundo. "Cabe mencionar que moitas das unións monetarias que se romperon terminaron por provocar o ascenso de gobernos autoritarios ou militares e mesmo unha guerra civil".
"NON DEBERÍA EXISTIR NUNCA"
No ano 2001, tal e como recolle o informe, o presidente da Comisión, Romano Prodi, dixo o seguinte: "Estou seguro de que o euro nos obrigará a introducir novos instrumentos económicos. É politicamente imposíbel propolos agora. Porén algún día haberá unha crise e eses instrumentos terán que formularse". O día chegou. "Se o euro non funciona -e é así- a estrutura actual debe modificarse, ou os Estados membros deben cambiar".
GRECIA AFÓGASE
Os expertos diagnostican, por tanto, que é preciso revolver no actual sistema e unir completamente os sistemas fiscais dos países, aínda asumindo que se produza algunha quebra. O goberno grego acaba de recoñecer que só ten cash até o mes que vén para pagar aos seus funcionarios e pensionistas. Igual que en xuño, cando se viu obrigada a malvenderse para recibir un préstamo urxente de 12.000 millóns de euros. Grecia espera polo seu segundo rescate, de máis de 100.000 millóns, para sobrevivir. Pero a ruptura total do euro e as diferenzas no BCE non o van a pór fácil.

Nenhum comentário:
Postar um comentário