09/09/2011

Carta dunha profesora enviada a Público e El País

Artigo tirado de aquí e traducido por nós.

MOITAS GRAZAS SEÑORA AGUIRRE

Por fin!!! Estou realmente encantada con traballar 20 horas semanais e pensei que este día non ía chegar nunca. De verdade que xa non imos ter que cumprir cos artigos 70 a 81 da Orde Ministerial de 29 de xuño de 1994 que establecía que os docentes traballamos 37 horas e media? É certo que xa non teño que permanecer no centro 27 períodos semanais e dedicar 10 horas e media semanais a claustros, xuntas de avaliación, preparar as miñas clases, preparar exames e corrixilos? Xa non hai exames? Podo dicir parvadas durante 55 minutos a 30 menores de idade porque xa non teño que preparar o que lles vou a contar? Quitoume vostede por fin esas horribles horas complementarias nas que eu facía gardas de patio? Non substituirei aos meus compañeiros cando falten, nin atenderei á biblioteca a razón de 5 horas semanais? Xa non terei que coordinarme co meu xefe de departamento unha hora á semana para que supervise o cumprimento dunha programación que non terei que preparar nunca máis? Xa non vou ser titora? Entón? Xa non terei que acudir a esas tediosas reunións de titores para coordinar o plan de acción tutorial coa orientadora? Xa non terei que tratar nunca máis na hora de tutoría que, afortunadamente xa non existe, de temas tan intranscendentes para os nosos alumnos como a resolución de conflitos, a autoestima, o compañeirismo, o tabaquismo, a anorexia, etc.? Non terei que controlar o absentismo dos alumnos da tutoría que nunca me asignarán? Non terei que detectar nunca máis as carencias, os problemas e as necesidades dos meus alumnos? porque, entendo que non terei tempo no meu horario semanal de 20 horas de clase mondas e lirondas para coordinarme co departamento de orientación. Xa non pasarei unha hora semanal facendo chamadas ás casas para contactar coas familias e informar de como evolucionan os nenos? Xa non vou ter que recibir nunca máis aos pais preocupados polos seus fillos porque só vou dar 20 horas de clase semanais? Isto, ademais, aumentará enormemente a produtividade na comunidade de Madrid: Que é iso de pedir permiso no traballo para entrevistarche co titor do teu fillo?

Transmítolle tamén o agradecemento dos profesores de ciencias do meu centro pois xa non terán que preparar as prácticas de laboratorio que nunca farán. Por certo, vendemos o mobiliario e o material dos laboratorios do centro á privada para sacar uns pesiños e superar o déficit ou  regalámollo aos da concertada que son colegas? Vendemos o fondo da biblioteca que nunca máis se abrirá? Podemos sacar boa tallada, sería unha pequena contribución da educación pública para a creación desa fabulosa policía autonómica que desexa vostede crear, se o suma ao que se aforrou vostede deixando na súa casa a 1424 FUNCIONARIOS (NON INTERINOS) de secundaria sacaría adiante a policía e un exército privado se se lle pon á súa señoría, que vostede o vale. Tamén me comunican os compañeiros de linguas extranxeiras que ten vostede máis razón que unha santa, que había que plantarlle cara ao Consello de Europa: aos españois non se nos dita como se ensinan os idiomas estranxeiros Que cona é iso de que os grupos deben ser reducidos para potenciar a práctica oral? Aquí a 30 nenos que é como estudamos todos hai 40 anos e non vexas como pilotamos nisto dos idiomas.

Como traballo nun pobo, os pais pregúntanme se imos ter agrupamientos flexíbeis en lingua e matemáticas para os alumnos que necesitan unha atención máis pormenorizada e comuniqueilles que evidentemente non, que había que quitar docentes para superar o déficit e que o seu deber como bo madrileño é dar para comer aos das academias, que teñen que saír da crise. Na escola pública non se dan clases particulares. Por certo, o colectivo de academias sumar ao agradecemento porque a recuperación de materias pendentes corre agora da súa conta.

Os alumnos de compensatoria, uns 25 nenos que están bastante perdidos, pídenme que, como lles corresponde medio profesor desa especialidade para atendelos, se podiamos facer algo para que lles tocase a metade que ten aparello fonador, que as pernas non lles valen.

O TIC non di nada porque xa non hai. De todos os xeitos xa non necesitamos ordenadores para entrar en Internet, iso ímolo a facer cando, despois de traballar 4 horas diarias unicamente, volvamos a casa e non teñamos clases que preparar nin exames que corrixir.

QUEDAMOS ENTÓN EN QUE PASO DE 37 HORAS E MEDIA A 20 E QUE ME VAI A SUBIR O SOLDO POLO TRAUMA QUE ISTO ME OCASIONA?

É VOSTEDE A miña HEROÍNA SEÑORA AGUIRRE.

TRANSMITA Os meus RESPECTOS Ás SEÑORAS FIGAR E DELIBES, SEN CUXA INESTIMABLE AXUDA, ISTO NON SAIRÍA ADIANTE.

Por certo, se admite vostede suxestións dunha admiradora: aumente vostede o horario aos presentadores dos telenoticias de TELEMADRID que está moi feo que traballen 5 horas semanais e cobren o que cobran.

UN SAÚDO DUNHA DOCENTE AGRADECIDA

Nenhum comentário: