14/11/2011

130 "artistas" e intelectuales piden o voto para o Bloque

Adaptado de Galicia Confidencial

Á esquerda Pilar García Negro, no centro Terese Moure e na dereita Uxío Novoneyra Rei.


O Bloque presentou este luns un "colectivo de artistas que piden o voto para os nacionalistas nunha iniciativa moi similar á lanzada polo PSOE a nivel estatal. Máis de 130 "artistas representantes da cultura galega" asinaron un manifesto chamado A Cultura Galega Precisa do BNG no Congreso e no Senado”.

O seu contido foi presentado en Santiago nunha conferencia de imprensa na que tomaron a palabra a escritora e candidata do BNG Teresa Moure, o divulgador Uxío Novoneyra Rei, o director teatral Arturo López, o escritor e teólogo Victorino Pérez Prieto e a profesora María Pilar García Negro .

Teresa Moure recordou que o manifesto trátase dunha valiosa achega de “dun importante sector produtivo que ante un forte acoso négase a deixar de ser galego”.

O BNG presume que "no manifesto están representados todos os sectores da cultura galega e nel participan persoas da literatura, fotografía, artes escénicas, música, ensino, comunicación, crítica ou banda deseñada". Velaquí a lista de asinantes a primeira hora da tarde do luns:

Nenhum comentário: