* Nova tomada da web do Sindicato Labrego Galego (aquí).
No marco do VIII Congreso do Sindicato Labrego Galego, medio milleiro de delegados e delegadas elixidos e elixidas en asembleas locais celebradas en 31 comarcas de Galiza nos últimos meses, referendaron, o 5 de novembro, co seu voto, ás sesenta e cinco persoas que integrarán a Dirección Nacional desta organización agraria durante os vindeiros catro anos. Entre os membros da Dirección Nacional, Carme Freire Cruces foi reelixida como secretaria xeral.
No marco do VIII Congreso do Sindicato Labrego Galego, medio milleiro de delegados e delegadas elixidos e elixidas en asembleas locais celebradas en 31 comarcas de Galiza nos últimos meses, referendaron, o 5 de novembro, co seu voto, ás sesenta e cinco persoas que integrarán a Dirección Nacional desta organización agraria durante os vindeiros catro anos. Entre os membros da Dirección Nacional, Carme Freire Cruces foi reelixida como secretaria xeral.
Outra das decisións sometidas ao referendo do VIII Congreso foi a de que o Sindicato Labrego Galego se integrase na Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) como membro de pleno dereito. Até o de agora, o SLG viña mantendo un convenio de colaboración con esta coordinadora estatal. Deste xeito, o Sindicato Labrego Galego segue, a nivel de Estado, os pasos que ten dado integrándose na Coordinadora Europea da Vía Campesina a nivel europeo, e na Vía Campesina a nivel mundial; nun contexto global no que o meirande das decisións políticas que afectan á agricultura galega se toman fóra de Galiza, nos organismos oficiais de cidades como Madrid ou Bruxelas.
A soberanía alimentaria como principio-raíz das demandas sindicais
O lema do VIII Congreso do Sindicato Labrego Galego “A soberanía alimentaria é garantía de futuro” expresa a aposta decidida da organización agraria por facer desta reivindicación un eixe vertebrador para garantir o futuro dos labregos e das labregas, e dos pobos. No seu discurso de clausura, Carme Freire englobou en tres eixes fundamentais as loitas que manterá o Sindicato Labrego Galego de cara a traballar por esa soberanía alimentaria para Galiza:
1. A loita polos recursos produtivos para a alimentación, que se traducirá nunha defensa sen paliativos de recursos como a auga, a terra e as sementes; e nunha oposición frontal a agresións como a forestación de terras agrarias, os transxénicos, a lexislación que nos quere roubar as nosas sementes, a Lei de Mobilidade de Terras, a Lei de Montes, os agrocarburantes, as directrices de ordenación do territorio, a Lei de Augas, a utilización de lodos de depuradora como abono en agricultura ou a invasión dos parques eólicos.
2. A loita polos servizos públicos ás persoas e ás explotacións. Ou sexa, a defensa de servizos públicos para as persoas que se desmantelaron ou están a desmantelar no noso medio rural como a Seguridade Social, a sanidade, a educación, a vivenda, a atención ás necesidades das persoas maiores e das crianzas, os servizos de de asesoramento e de sanidade animal e vexetal para as explotacións, os seguros, as axudas ás explotacións, infraestruturas, investigación, etcétera.
3. A loita por prezos e mercados xustos expresada na defensa das pequenas explotacións, na negociación colectiva de prezos dignos e remuneradores que se garantan a través de contratos, na regulación pública dos mercados, na potenciación de circuítos curtos de comercialización ou na calidade e seguridade alimentarias; demandas todas que darán contido á nosa loita por unha nova reforma da Política Agraria Común (PAC) que se deseñe para defender e salvagardar os intereses dos labregos e labregas de toda a Unión Europea, que son os intereses de toda a cidadanía.
Nenhum comentário:
Postar um comentário