08/12/2011

Minitraballos para minieuristas

Ignacio Escolar. Artigo tirado de aquí e traducido por nós.

A nova política económica española resumiuna EL Roto nunha banda deseñada de sanguenta actualidade: "Se non se pode devaluar a moeda, haberá que devaluar á xente". Nesas estamos. É a intención declarada de Mariano Rajoy, que esta semana pediu en privado aos sindicatos a súa colaboración para "unha desvalorización competitiva de salarios": para que acepten rebaixas nos soldos dos traballadores; os culpábeis, ao parecer, da perda de competitividade do país.

Como argumento de autoridade, Mariano Rajoy cita a famosa carta que este verán enviou a Zapatero o entón presidente do BCE, Jean Claude Trichet. Como nos temiamos, a misiva era unha chantaxe onde se estabeleceron algunhas das condicións que debe cumprir España se quere que o BCE protexa á nosa débeda soberana, que é moi inflamábel. Ademais da reforma exprés da Constitución, Trichet tamén esixía rebaixas dos salarios e un novo contrato a tempo parcial para mozos: minitraballos por 400 euros ao mes, segundo contou Rajoy aos sindicatos.

A proposta está copiada de Alemaña, que aprobou este contrato en 2003. Con todo, non hai que irse tan lonxe para atopar minitraballos con minisoldos miserábeis: en España xa temos minieuristas (a xornada completa, non parcial como en Alemaña) e o paro segue igual de mal. Está o contrato de formación, que permite pagar durante tres anos o 75% do salario mínimo a mozos de até 30 anos: en total, 513 euros ao mes. E tamén temos as prácticas non laborais: convenios de até nove meses para persoas sen experiencia por só 426 euros ao mes. Que tempos aqueles en os que chamabamos "mileurismo" á precariedade laboral!

Nenhum comentário: