Luís de Guindos, antigo responsábel de Lehman Brothers | no Estado español. |
Neste mundo de tolemia ultraliberal até o servizo de estudos da lura capitalista Goldman Sachs recoñece que os "axustes", agora chámanlle así na súa neolingua aos recortes ao igual que á miseria se lle chama "austeridade", impulsados polo PP no Goberno do Estado español terán unha repercusión negativa nas perspectivas de crecemento do país e, por tanto, será máis difícil responder perante os seus acredores. No entanto, alaban os esforzos de Montoro, De Guindos e Rajoy por acurtar o déficit, ou sexa, quitar de onde sexa con tal de pagarlle a débeda aos bancos.
Nun informe que analiza as novas medidas do Goberno do PP o analista da entidade Andrew Benito aposta porque o Estado español faga un maior axuste fiscal no medio prazo, "reformas estruturais" e crecemento. O informe advirte que a economía do Estado español se contraerá en 2012 en 1'5%, o que elevará o déficit para o próximo ano tamén en 1'5% do PIB e, por tanto, as medidas fiscais adoptadas na pasada quinta-feira só servirán para compensar en parte este derioro que se retroalimenta.
O informe deixa ver até onde chega o sadismo da ortodoxia ultraliberal. Seguen receitando sangrías para un doente, a economía española, cada vez máis amortallado - algo que Paul Krugman nun artigo seu publicado neste blogue dicía que era unha tolemia-, polo que estes "axustes" son mortais para a economía, mais ao tempo móstranse contentes porque un dos síntomas (que non causa) a febre está baixando (ou sexa baixa o déficit do Estado).
Luís de Guindos (na foto) declarou en paralelo que a banca española precisa 50.000 millóns de euros, o que non fará máis que incrementar novamente a débeda pública, ao converter as contas privadas da banca en buratos nas contas públicas. Logos eses mesmos bancos que "necesitan diñeiro" (os cáseque 5 millóns de desempregado, os enfermos, os anciáns, as crianzas... non?) apostan con CDS e noutos mercados opacos contra a débeda soberana dos estados para así colleitar maiores réditos polo tipo de xuro.

Nenhum comentário:
Postar um comentário