Juan Torres López. Artigo tirado de Público.es (aquí) e traducido por Revolta Irmandiña. Juan Torres López é catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Sevilla.
Desde os primeiros momentos da crise sorprendeu que as nosas autoridades afirmasen que os bancos españois eran os máis solventes do mundo, que estaban, dicía Zapatero, en Liga de Campións. Era chocante que os nosos tivesen tan boa saúde cando a inmensa maioría da banca mundial estaba literalmente crebada. Dicíase que era debido ao magnífico papel de supervisión desempeñado polo Banco de España, pero iso tampouco casaba coas denuncias de pasividade que fixeran poucos anos atrás os seus inspectores ante o gobernador Caruana e o Ministro Solbes. E, desde logo, co feito evidente que calquera coñecía, por moi pouco experto que fose en temas financeiros: o salvaxe financiamento que a nosa banca realizara a unha das maiores burbullas inmobiliarias da historia.
Como era posíbel que non lles deixou créditos sen cobrar cando todo veu abaixo? Como se explicaba que non tivese problemas un sistema bancario que en 2007 só recibía 0,76 euros en depósitos por cada euro de crédito que concedía (case a metade do que recibía en 2000, 1,43 euros)? Como podía crerse que estaba, ou que podería manterse en Liga de Campións un sistema bancario que nese mesmo período multiplicara por nove o crédito a unha actividade inmobiliaria que se estaba volatilizando, e que pasara de recibir 78.000 millóns de euros de financiamento interbancaria europea a 428.000 millóns, tamén entre 2000 e 2007? Como se podía crer que non tiña problemas ou que non os tería pronto un conxunto de bancos que financiara milleiros de préstamos hipotecarios a máis do 100% do valor da vivenda (en época de subida artificial de prezos) ou de préstamos a empresas tamén a máis do 100% do valor do investimento?
E, sobre todo, como podía crerse que estaban en boa situación se á hora da verdade deixaran de dar créditos ás empresas e consumidores, deixando así que se afundise a nosa economía?
Como era posíbel que non lles deixou créditos sen cobrar cando todo veu abaixo? Como se explicaba que non tivese problemas un sistema bancario que en 2007 só recibía 0,76 euros en depósitos por cada euro de crédito que concedía (case a metade do que recibía en 2000, 1,43 euros)? Como podía crerse que estaba, ou que podería manterse en Liga de Campións un sistema bancario que nese mesmo período multiplicara por nove o crédito a unha actividade inmobiliaria que se estaba volatilizando, e que pasara de recibir 78.000 millóns de euros de financiamento interbancaria europea a 428.000 millóns, tamén entre 2000 e 2007? Como se podía crer que non tiña problemas ou que non os tería pronto un conxunto de bancos que financiara milleiros de préstamos hipotecarios a máis do 100% do valor da vivenda (en época de subida artificial de prezos) ou de préstamos a empresas tamén a máis do 100% do valor do investimento?
E, sobre todo, como podía crerse que estaban en boa situación se á hora da verdade deixaran de dar créditos ás empresas e consumidores, deixando así que se afundise a nosa economía?
A resposta a estes paradoxos é esencial para comprender o que ocorreu no Reino España e o que nos vai a suceder moi pronto.
Os banqueiros teñen un poder extraordinario en Europa, onde fan e desfán normas á súa antollo, mais os españois teñen no noso país unha influencia política, mediática e social incluso moito maior que noutros lugares. Perdoan desde hai anos os créditos aos partidos políticos, dominan a política editorial dos medios, inflúen nas universidades e manteñen contratados a ducias de investigadores que difunden as teses que lles conveñen. Así, non lles debeu resultar difícil convencer aos principais líderes políticos e de opinión de que a súa situación era boa. Sobre todo, cando podían disimulala grazas aos cambios contábeis aprobados pola Comisión Europea, precisamente a instancias da patronal bancaria. En particular, a "mentira piadosa", como a cualifica o catedrático de Contabilidade Oriol Amat, que lles permitía seguir valorando os activos danados ao seu prezo de adquisición e non ao moito menor do mercado no momento da valoración.
Eses trucos contábeis, as inxeccións de liquidez que os grandes bancos españois recibiron noutros países e as demais axudas que lles deu o Estado permitiron manipular e disimular a súa situación patrimonial até o punto de aparecer como os máis rendíbeis do mundo. O dito: Liga de Campións.
Porén a realidade era outra e moita xente sabíao. Os bancos, todos, e non só as caixas, estaban tocados da á e no fondo dos seus balances había unha deterioración estrutural gravísimo como consecuencia da crise do tixolo que eles mesmos provocaran facilitando o endebedamento explosivo de toda a economía. Unha deterioración que tiña dúas caras: a acumulación de activos (títulos de préstamos e créditos e propiedades inmobiliarias) que non xa non tiñan nin moito menos o valor que se lles asignaba, e unhas débedas con outros bancos estranxeiros que si seguían valendo o que inicialmente se rexistrou: moitos centos de milleiros de millóns.
Se se puxo en claro esta circunstancia a medida que ían aparecendo activos con perda de valor, os bancos españois teríanse que haber ido declarando en quebra porque as provisións das que tan fachendosos estaban os reguladores do Banco de España eran totalmente insuficientes. E para evitar esa situación (que os banqueiros sabían -ou debían saber- xa en 2007 que antes ou despois íase a producir) o que trataron de facer foi gañar tempo para ir creando as condicións que lles permitisen finalmente quedar con todo o mercado. Grazas ao seu gran poder político conseguiron que o PP e o PSOE asumisen unha estratexia de reforma que aos poucos ía permitirlles que recobrasen o dominio da situación e o equilibrio patrimonial. Trataríase de ir quitando do medio ás caixas de aforros, a quen era moito máis fácil facelas culpábeis de todo o que ocorrera, en grande parte con razón, pola lamentábel xestión dos políticos responsábeis dos seus órganos reitores (aínda que en realidade debíase a que deixaran de ser auténticas caixas de aforros para converterse en clons dos bancos privados).
Se case a metade dos operadores do mercado que competían cos grandes bancos privados desaparecían ou eran aos poucos absorbidos, os dous, tres ou catro maiores destes últimos quedarían reforzados sen necesidade de mostrar a súa insolvencia nin de pagar polas súas irresponsabilidades. Deste xeito e a base de recibir axudas do Estado, como agora, é como foi evolucionando sempre o sector bancario español, cada vez máis concentrado.
Porén a intranquilidade e os problemas empezaron a agravarse polo que era previsíbel que sucedese: o proceso de fagocitación do mercado como estratexia para salvar á grande banca privada sen que se lle vexan as súas vergoñas é moi lento, inseguro e por veces, como ocorreu con Bankia, mesmo escandaloso.
Ademais, hai que ter en conta que o partido non só se xoga en campo estatal. Íanse a conformar os acredores europeos da banca española con esta estratexia? Estarían dispostos a esperar? Vanse a arriscar sabendo que a política de austeridade vai deprimir por longo tempo á nosa economía e que iso vai acelerar a deterioración patrimonial dos bancos españois e a dificultar o pago da súa propia débeda?
Até agora, os banqueiros españois conseguiron que todos nos creamos a súa grande mentira. Ou, polo menos, que actuemos coma se acreditásemos nela (porque basta falar con responsábeis políticos e directivos económicos de calquera ideoloxía ou tendencia política para ouvir a moitos deles dicir que o resgate é inevitábel polo grande buraco dos bancos). O goberno de Zapatero limitouse a seguir o protocolo marcado pola grande banca mesmo nos detalles máis pequenos, desde o indulto final ao decreto de vergoñosos novos privilexios aprobado tamén estando o seu goberno xa en funcións. Porén o de Rajoy quixo mover ficha xogando a mostrar a verdadeira situación da banca e está a precipitar as cousas, porque a súa estratexia de reformas en unidoses e moi improvisadas só serviu para mostrar que a do sector financeiro é moito peor que a que viña dicindo, e para facela quizá xa indisimulábel.
Agora só queda saber o que ocorrerá tras a auditoría solicitada e que, como todas, proporcionará resultados "por encargo". Solicitar unha avaliación obxectiva a Oliver Wyman (que se "equivocou" cando auditou os bancos irlandeses considerándoos exemplares pouco antes de que tivesen que ser nacionalizados, ou que foi unha das garantes dos derivados das hipotecas sub prime como produtos moi seguros) é como é como pedir auxilio no naufraxio a quen non sabe nadar.
Así que para que nos imos a enganar: aínda que a xente normal e corrente non saibamos o final, as autoridades xa o negociaron porque en cuestión de banca ninguén dá puntada sen fío. Poden ocorrer dúas cousas. Ou ben que acordasen xa que se siga mareando a perdiz porque as autoridades europeas (que posibelmente saiban a magnitude real do buraco) admiten que o resgate sería impagábel para España e que quizabes levantaría unha auténtica barafunda social. Ou ben que se conclúa que até aquí chegamos e que hai que tirar por fin da manta que cobre as miserias dos bancos españois.
Paréceme a min que isto último vai ser o máis probábel porque, ao fin e ao cabo, os bancos españois e estranxeiros serían os beneficiados. Os auditores, como tantas veces, serán os que se encarguen de facer a representación necesaria para que todo se nos apresente da forma máis fácil de asumir.
E aquí é onde estamos. Botín e compañía deixaron atrapado o Reino de España a base de irresponsabilidades e de mentiras. Van terminar obrigando a que España, como lle ocorreou a Irlanda, teña que asumir o seu resgate; facendo que este -que en realidade é a recapitalización do que os banqueiros irresponsábeis perderon xogando no casino- se apresente como a salvación de España; e obrigando a que os españois teñamos que sufrir novos recortes en dereitos sociais e benestar para que eles nos sigan gobernando e obtendo beneficios á nosa costa.
Espero e desexo, con todo, que as cousas non terminen aí e que os banqueiros non poidan respirar tranquilos nese momento, coma se acabáronse entón os seus problemas. Espéroo e desexo na confianza dun bo número de españois, oxalá a súa grande maioría, sexan dignos e patriotas e que non perdoen a quen arrastraron a España á ruína a base de mentiras para salvar os seus privilexios políticos e económicos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário