Artigo tirado do Esquerda.net (aqui). Maior catástrofe ambiental de Espanha não tem
culpados. Sentença alega a "dificuldade de atribuir responsabilidades
precisas" já que "não se pode saber as causas" da avaria do navio.
Operação de limpeza de praia em 2002. Foto de Stephane M. Grueso
O juiz do caso "Prestige" absolveu os três únicos acusados pela maior
catástrofe ambiental ocorrida em Espanha: o capitão do petroleiro,
Apostolos Mangouras, o chefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos, e o
ex-diretor geral da Marinha Mercante, José Luis López Sors, único membro
da Administração a quem foi atribuída alguma responsabilidade.
O magistrado absolveu-os dos delitos contra o meio ambiente e danos a
espaços especialmente protegidos, condenando apenas o capitão do navio a
9 meses de prisão por ser o "autor criminalmente responsável por um
delito de desobediência grave". O capitão recusou-se a levar o navio
para alto mar quando as autoridades assim ordenaram. A pena, porém,
ficou suspensa.
O quarto acusado, o primeiro oficial, Ireneo Maloto, não chegou a ser julgado por se encontrar em paradeiro desconhecido.
O "Prestige" estava carregado com 77 mil toneladas de fuelóleo.
Atingido por uma tempestade ao largo da Galiza, ficou seis dias à
deriva. Na sequência de um rombo no casco, o petroleiro partiu-se em
dois e afundou-se a 250 quilómetros das costas da Galiza. O desastre
ocorreu em novembro de 2002.
"Não existe responsabilidade penal"
A sentença reconhece os danos económicos que sofreu a costa: "63.000
toneladas de fuel, 170.000 resíduos, 2.900 quilómetros de costa e 1177
praias afetadas", mas afirma que "não existe responsabilidade penal", já
que "ninguém sabe exatamente a causa da avaria". Neste sentido, a
sentença estabelece, numa das suas conclusões, "a dificuldade de
atribuir responsabilidades precisas e a impossibilidade de pesquisar em
detalhe algumas questões", ainda que considere provado que houve uma
falha estrutural no petroleiro e uma "manutenção deficiente".
O Ministério Público pedia para os três acusados uma condenação de
entre 5 e 12 anos de prisão, apesar de ser improvável que fossem
realmente para a prisão, dada a sua avançada idade.
Contra esta sentença só se poderá fazer um único recurso extraordinário ao Tribunal Supremo.
“Faltaram muitos implicados”
O julgamento do "Prestige" foi o maior ocorrido na Galiza. Durou oito
meses, 400 horas em 89 sessões, com 204 declarações de testemunhas e de
peritos.
Muitas foram as organizações ecologistas e sociais que denunciaram que
no banco dos réus não se sentaram os responsáveis políticos da época,
entre eles o ex-ministro de Fomento, Francisco Álvarez-Capacetes, ou o
próprio Mariano Rajoy, que era vice-presidente do Governo. O próprio
juiz do caso reconheceu que "faltavam muitos implicados".
Unhas mans manchadas de cru, durante unha protesta contra a empresa petrolífera Shell, en Bonga, Nixeria (Axencia EFE)
Nixeria atópase en estado de alerta despois de que a compañía Shell anunciase o derrame duns 40.000 barrís de petróleo na costa deste país do África occidental.
A vertedura, que se estendeu por uns 185 quilómetros de océano, sería o peor en Nixeria desde o que en 1998 afectou a un xacemento da multinacional petrolífera Mobil, segundo a Axencia nixeriana Nacional para a Detección e Resposta ante Derrames de Petróleo (NOSDRA, en inglés).
A vertedura sumar ao anuncio do presidente Goodluck Jonathan, que declarou estado de emerxencia o sábado en partes de Nixeria arrasadas por unha violenta insurxencia islamita e ordenou o peche das fronteiras con Camerún, Chad e Níxer.
O accidente produciuse o día 20 mentres o petróleo era transportado desde unha plataforma flotante no xacemento de Bonga a un buque cisterna a uns 120 quilómetros mar dentro desde o delta do Níxer. O sitio de Bonga, que produce uns 200.000 barrís diarios, foi pechado temporalmente como consecuencia da vertedura.
"Lamentamos que este derrame ocorrese, en canto soubémolo detivemos a circulación do petróleo e mobilizamos os nosos recursos e os da industria para asegurar que os efectos son minimizados", dixo nun comunicado Mutiu Sunmonu, presidente de Shell Nixeria.
Segundo a propia compañía, ao redor da metade do petróleo derramado disipouse debido a "a evaporación e á dispersión natural". Shell recoñece que a área afectada é moi grande pero sinala que a capa de petróleo é moi fina.
Sunmonu insistiu en que están a facer todo o posíbel para limpar a vertedura canto antes: "Estamos a enviar barcos con dispersante para disolver a mancha de petróleo, estamos a mobilizar avións para que apoien aos barcos e tamén equipamento de infravermellos para poder trazar as poucas áreas onde a capa pode ser máis ancha".
Con todo, estas palabras servirán de pouco alivio aos habitantes dunha das zonas máis afectadas por derrames deste tipo no mundo, e onde Shell conta cun negativo historial de sucesos.
Cada ano vértese máis petróleo na rexión do delta do Níxer que o derramado o ano pasado por BP no golfo de México e que foi noticia durante semanas. Só entre 1970 e 2000 houbo máis de 7.000 verteduras de petróleo e aínda quedan miles de sitios por limpar, segundo cifras do Goberno nixeriano. E destes derrames, máis de 1.000 atribúense a Shell.
A propia compañía admitiu en agosto a súa responsabilidade por dúas enormes verteduras ocorridos en 2008 nos pantanos da zona de Bodo. Entón, máis de 300.000 barrís de petróleo contaminaron os terreos e afectaron a 69.000 persoas, segundo as autoridades locais.
Tamén en agosto, un informe de Nacións Unidas afirmou que tratar adecuadamente a zona de Ogoniland en Nixeria suporía a maior limpeza de residuos petrolíferos da historia e que custaría uns 1.000 millóns de dólares. Este informe nomeaba a Shell como unha das causantes do desastre ambiental en Ogoniland.
No noveno aniversario de o petroleiro Prestige sufrir unha vía de auga fronte as costas galegas, recomendamos a lectura do discurso lido por Xosé Manuel Beiras, portavoz do grupo parlamentar do BNG naquela altura, na Moción de Censura celebrada no Parlamento de Galiza, o 12 de decembro de 2002.
No seu extenso discurso, Beiras facía unha fonda análise da situación, non só da catástofe en sí [1. Relato do naufraxio do Prestige] e do cúmulo de erros cometidos pola Xunta e Goberno Central [3. O comportamento dos protagonistas na catástrofe], senón tamén da situación sociopolítica galega que evidenciaba a xestión da catástrofe - a toma de conciencia por parte da cidadanía do que supón ser unha "nación sen Estado" - e das causas profundas do desastre medioambiental [2. A xénese das condicións previas da catástrofe do "Prestige"], rematando cunha serie de alternativas ante a situación de indefensión da Galiza fronte ao tráfico de mercadorías perigosas nas nosas costas [5. A alternativa está na cidadanía galega].
"A cidadanía galega, e mesmo a de todo o Estado, descubría de súpeto que o Goberno español e a Xunta de Galiza carecían dun plan de medidas preventivas, de controis sobre o tránsito de buques perigosos polo corredor de Fisterra, dun plan de acción inmediata defensiva frente ao sinistro do Prestige, de buques e medios loxísticos para combater a marea negra do "chapapote", dun plan de protección civil merecente de tal nome, e mesmo de protección ningunha de ningunha caste frente á adversidade" ... "Nin sequera saben quén somos e o que somos. Chámannos pescadores. Pescadores son os que pescan con cana nas rochas. Nós somos mariñeiros. É que España non ten costas?" - dicía un neno da Costa da Morte en Tele5 -. "Un goberno que non saben quén son e o qué son os cidadáns que ten que defender, que non coñece a súa identidade e a súa condición, é un goberno alleo e alienado dos cidadáns, é un goberno de alieníxenas. Os cidadáns galegos descubriron todo iso, e percibiron subitamente o sentido exacto, o rigor semántico, o significado preciso da definición de Galiza como nación sen Estado: nin o tiña propio, e até a Xunta demitía do seu poder autónomo, nin funcionaba como Estado dos cidadáns galegos o que pretendía e dicía ser o seu. Os cidadáns comprobaran que durante trinta anos, dende a catástrofe do Polycomander no 1970, até esta de agora do Prestige, sucedéranse no Estado gobernos franquistas, centristas, socialistas e pepeístas, e que todos eles mantiveran indefensas as costas galegas, o seu ecosistema e a economía das xentes mariñeiras"... "Só ficaron loitando os cidadáns que son galegos sen máis, sen teren que ser coma outro, senón seren simplemente, valentemente, cidadáns galegos. Por iso bradaban en Compostela pedindo a súa demisión [a de Fraga], e mais a dos gobernos en plural, ou sexa o español e o galego"... "É a cidadanía galega a protagonista, son os galegos e galegas de nación os que, sen pretendelo, asumiron o protagonismo da acción dramática, ao asumiren por si mesmos as responsabilidades das que as institucións políticas, centrais e autonómicas, fixeron deixación e abandono. Fallou o Estado e emerxeu a nación".
O discurso foi publicado por Laiovento no ano 2003 (79 páxinas).
- XOSÉ MANUEL BEIRAS (2003): A catástrofe do "Prestige". Edicións Laiovento. col. Breviarios.
Arcadi Oliveres. Artigo tirado de aquí e originalmente pertencente a unha palestra proferida en Barcelona en 2003. O livro em que Oliveres ia publicar a história de Marc Rich, Juan Carlos I de Bourbón e Bourbón e o Prestige nom pudo ser publicado no Reino de España. No discurso de Nadal de 2002 o rei como bo hipócrita falaba dos voluntários que ían limpar as costas e solidarizábase con eles.
A causa da guerra é o petróleo, e polo que respecta ao petróleo no Estado Español, nos últimos dous meses vivimos unha situación que é a de perseguir o petróleo que se escapou cando un barco rebentou diante da Costa da Morte en Galiza.
Mentiras e falsidades detrás da noticia do Prestige 1º: cando o barco se afundiu, unha pregunta lóxica era Quen é o propietario do petróleo?. Porque se o petróleo se ten que transportar en condicións tan precarias nun barco sen dobre casco, cunha bandeira de conveniencia, é porque se lles pide un transporte moi barato. O propietario do petróleo é unha compañía suíza chamada Crown Resources, que é unha tapadeira do seu verdadeiro propietario, que tiña o 100% das accións, que é unha compañía rusa chamada Alpha Group. É unha empresa rusa moi moi importante, presidida por Mijail ...... que tivo un traballador durante moito tempo que se chama Vladimir Putin. Desde entón Alpha Group mantivo moi boa amizade con Putin. Hai 3 semanas, moito despois do accidente, o goberno ruso puxo en poxa unha cantidade moi importante das reservas de petróleo en Siberia. Finalmente as reservas de petróleo ficaron en mans de Alpha Group, sen subir demasiado na poxa precisamente, porque fixo un acordo co goberno ruso e deixoullo a 60% do prezo saír da poxa. Esta é unha empresa importante en Rusia, pero tamén nos EUA. A Alpha Group, un banco chamado Export-Import Bank concedeulle un crédito millonario grazas ás xestións realizadas polo representante, chamado Dick Cheney, actual vicepresidente do país.
Recibindo este crédito, Alpha Group sentiuse xenerosa e deulle 2 millóns de dólares para financiar a carreira electoral dun tal George Bush. Antigamente Alpha Group tamén patrocinara a campaña electoral dun tal Boris Yeltsin. Ao final, o Export-Import Bank non lle deu os créditos que prometera porque unha señora que nese momento era poderosa dentro do goberno americano chamada Madalaine Albright que estaba na secretaría de estado opúxose totalmente porque dixo que non se lle podía dar un préstamo a unha empresa dedicada sistematicamente ao tráfico de heroína. Esta era a empresa propietaria do petroleo. Porén o seu propietario ten un socio en Suíza, que é o que deixou o seu local para situar a empresa Crown Resources, Marc Rich, de nacionalidade española. Marc Rich, sobre os anos 79 ou 80 foi condenado en España a prisión porque se dedicaba sistematicamente ao tráfico de armamento. E sacouno da prisión un amigo seu que vivía en Madrid e que tiña moita influencia e que se chama Pío Cabanillas. Resulta que posteriormente, Marc Rich volveu entrar en prisión en Nova York outra vez por tráfico de armamento e foi indultado por dúas demandas de perdón que chegaron ao tribunal de dous personaxes importantes, un chamado Bill Clinton e outro Juan Carlos I [tamén asinou Sofía de Grecia, Nota do blogger]. A segunda cuestión é saber quen é o propietario do barco: unha familia de armadores gregos chamada Coloutos, que ten unha serie de barcos moi vellos, porque non reinvestiron, e o seu negocio empeza a facer augas e mesmo algún dos membros da súa familia se puxeron a traballar fóra de casa, cousa nada habitual. Un dos membros que se foi traballar fóra de casa atopou traballo na Comunidade Europea, e neste momento o seu traballo é a de ser asesor persoal de Loyola de Palacio.
A terceira pregunta é de quen eran os barcos que foron salvar o Prestige para evitar a catástrofe. Pois o dono é un señor que foi durante moito tempo o presidente da Patronal Española de Armadores de Barcos, que se chama Fernando Fernández Tapias, "Fefé", que é un personaxe da vida social madrileña, empresario por antonomasia, vicepresidente da patronal madrileña, vicepresidente do real Madrid, socio en moitos negocios do señor Marc Rich. Resulta que este señor se atopaba na provincia de Toledo de cazaría cun tal Manuel Fraga Iribarne o día que se afundiu o barco. Tamén hai que dicir que esta cazaría fora organizada polo presidente do Corte Inglés, que advertiu inmediatamente a todos os medios de comunicación que se daban a coñecer que el era o organizador da cazaría, o medio correspondente sería sancionado coa retirada da publicidade no futuro. Agora vou desviarme un pouco do tema. O mes de novembro quedamos todos moi impresionados ao ver uns nenos arxentinos da provincia do Tucumán, desnutridos e a piques de morrer de fame. Algúns destes nenos morreron.
Pero este Nadal tiven a ocasión de falar cun xornalista arxentino que me contou que os primeiros mortos de fame en Arxentina non son estes nenos, senón os da provincia de Neuquén, en 1996. Nesta provincia, unha parte importante da riqueza baséase na explotación de petróleo, e nese momento, unha empresa arxentina que tiña o monopolio de explotación que se chama Xacementos Petrolíferos Fiscais foi absorbida por unha empresa chamada REPSOL, desde entón chamada REPSOL-YPF. Nese momento REPSOL decide despedir á metade do persoal de YPF sen indemnización, deixando á poboación nun estado de precariedade e de fame negra. O actual presidente actual de REPSOL é Alfonso Cortina, fillo dun ministro Franquista chamado Pedro Cortina, irmán de Alberto Cortina, e ao mesmo tempo, membro da cazaría de Toledo, con Fraga, Fernández Tapias, organizada polo Corte Inglés. A cuarta cousa é que agora o Goberno dixo que nomeou un secretario de Estado especializado no tema para solucionar o desastre do Prestige. Este secretario é unha persoa chamada Rodolfo Martín Vila. Este señor era estudante cando eu era estudante, coa diferenza de que era o presidente nacional do Sindicato Español Universitario, que oficialmente era o sindicato de todos pero que na práctica era o sindicato dos franquistas. Iso permitiulle emprender unha carreira política que lle levou, entre outras cousas, a ser Gobernador Civil de Barcelona. En 1972, sendo el Gobernador Civil, uns compañeiros e eu decidimos crear unha asociación de veciños no noso barrio, "a Esquerda do Ensanche". (...) Non nos aprobou os Estatutos porque "non se trata dos estatutos, senón do nome, vostedes chámanse da ESQUERDA, dá igual que do Ensanche, é da ESQUERDA". E non nos aprobou a asociación. E fixemos un recurso para ver se o seu superior rectificaba. O recurso chegou ao seu superior, que era o que entón se chamaba o Ministro da Gobernación, (equivalente ao ministro do interior). Pero o recurso tivo mala fortuna porque cando chegou a Madrid, Martín Vila xa era Ministro da Gobernación e volveuno a negar. Esta é a persoa que agora ten que solucionar o do Prestige. Este señor fixo unha gran carreira económica, fixérono presidente de ENDESA e entón comprou a empresa monopolio da electricidade en Chile e deuse conta de que en Chile non había suficiente produción de electricidade e pensou que a mellor maneira era construír encoros. E decidiu facelo, chamou a uns xeólogos para que lle indicasen o mellor lugar para facelo, e os geólogos contestaron nun mapa, e resulta que era o territorio que servía de reserva aos indios Mapuches, segundo o que estaba escrito na constitución. O señor Martín Vila non tivo ningún escrúpulo e dixo "Os mapuches fóra, que teño que pór o encoro" e ofreceu aos mapuches outro territorio que tiña a vantaxe de que estaba nevado 9 meses ao ano. Evidentemente non aceptaron, protestaron, e Martín Vila fixo que a policía os perseguise e os botara de alá. Pero non gañou totalmente o proceso porque os mapuches demandaron a Martín Vila e un día que foi viaxar para ver a súa empresa eléctrica, cando chegou ao país dixéronlle que non lle recomendaban que pasase a fronteira, porque se o facía sería detido e apresado directamente. Este é o personaxe que nos ten que salvar do Prestige.