18/04/2011

Adiviñades que vai gañando? O taboleiro da guerra de clases

Mike Whitney. Artigo tirado de aquí e traducido por nós desde a tradución en castelán do orixinal inglés.

http://artmight.com/albums/classic-r/Rafael-Barradas/normal_4DPobrict.jpg

De acordo cun novo informe da BEA, os gastos de consumo propio (GCP) aumentaron en $69.000 millóns (7%), mentres que o ingreso persoal aumentou só en $38.000 millóns (3%) en febreiro.

Así que os consumidores volveron a gastar máis do que gañan?

Non exactamente. A verdade é que os gastos dos consumidores baixaron xa que a comida e a enerxía restan unha porción maior dos seus salarios. Despois de tomar en conta a inflación, o consumo persoal aumentou só 3%, mentres que o ingreso real caeu a 1%. Noutras palabras, os números cambian ao tomar en conta a inflación.

A razón polo cal todo isto importa é que o consumo é o 70% do PIB, así que se o consumidor está contra as cordas e está a ser golpeado por salarios estancados e pola inflación ao mesmo tempo, un pode apostar a que a economía vai ao vertedoiro. Claro, boa parte da culpa deste desastre correspóndelle a Ben Bernanke, cuxo elíxir QE2 deixou ao mercado de valores cheo de burbullas mentres que as materias primas e os prezos dos alimentos aumentan sen control. Esa é a verdadeira fonte do problema, unha política asimétrica que beneficia á clase investidora e deixa ás abellas traballadoras -vostede e eu- defendéndose dos prezos á alza.

Bernanke di que non debemos preocuparnos polos altos prezos, porque a inflación subxacente aínda é baixa (preto de 1%). Iso é fácil de dicir para alguén que xamais encheu un tanque de gasolina na súa vida, pero para todos os demais a inflación é un asasino que obriga a recortar gastos ou a contraer máis débeda: ningunha, unha opción fácil.

Así que si, o consumo persoal creceu pero só por un peliño. A verdade é que as persoas están a correr máis rápido para quedar no mesmo lugar, non están a progresar. De feito, o mito de compradores atontados polo crédito en Macy's que se enchen de pantalóns de deseño e botas de coiro italianas é pura mentira. Para a maioría, é unha existencia básica 24-7. A maior parte do tempo consiste en ver como se pode estirar o orzamento familiar ou como alimentar a unha familia de catro con fabas lobas e Velveeta.  Non teñen efectivo para luxos, a menos que un considere o SPAM un luxo.

Claro, a razón de todo isto é que os gaños  provintes da produtividade laboral irán parar aos petos dos executivos. As oficinas centrais toman o diñeiro, mentres os traballadores reciben unha palmadiña nas costas, e un "até logo, Charlie". É o mesmo en todos lados. Vexa isto no Wall Street Journal:
Considere que en 1970 remuneracións, salarios e beneficios asistenciais de empregados constituían  tres cuartas partes do ingreso persoal en Estados Unidos, segundo a medición de Comercio. Dividendos, intereses e ingresos rendistas contribuían  14%, mentres que os beneficios asistenciais públicos, incluíndo discapacidade, desemprego e benestar eran menos de 8% do total.

Iso cambiou nas décadas posteriores, conforme os programas de goberno se expandían, a poboación envelleceu e as disparidades de riqueza aumentaron. En 2005, salarios, remuneracións e beneficios asistenciais dos traballadores eran xa só  67% do total; en 2010, o 64%. Mentres tanto, aumentaron as porcentaxes procedentes de dividendos, intereses, rendas e en especial beneficios asistenciais públicos.

Desafortunadamente, a minguante proporción de ingresos dimanantes de remuneracións encaixa coa máis ampla erosión da clase media norteamericana. Preto de 40% do gasto dos consumidores é xerado polo quinto de fogares máis ricos. Harm Bandholz, economista de UniCredit, observa que a proporción do gasto norteamericano financiado polo proletariado declinou até o actual 61% desde o 85% de 1970" ("Ganancias en Ingresos Non Levantan Todos os Barcos", Kelly Evans, Wall Street Journal).

Non é engrazado? É para brincar en vendo como o capitalismo ao estilo americano; é como unha grande banda transportadora que leva toda a riqueza aos do andar superior.  E está a empiorar. A salvaxe desigualdade agora excede folgadamente á do período do esborralle de 1929 e empeza a poder compararse xa coa da Era dos Baróns Ladróns do último terzo do século XIX. Regresamos á Era da Cobiza.

E que fan todos eses maragatos, filisteus e doncelidonios coas súas montañas de cartos? Planear o futuro, deseñar unha economía máis forte, reinvestir en América?

Claro que non. Están a intercambiar bens de papel entre eles para estafar ao mercado e así poder deixar aos seus fillos malcriados mil millóns de dólares máis antes de morrer. Non me cren? Isto é de Bloomberg:
Os executivos americanos están a comezar a gastar a cifra marca de $940 mil millóns en efectivo que xuntaron despois da crise crediticia xusto a tempo para as reunións de accionistas. As adquisicións superaron o $256 mil millóns este cuadrimestre. Compañías no Índice 500 de Standard & Poor's autorizaron un 38% máis de recompras para 2011 que no ano anterior, e os dividendos poderían aumentar até unha cifra  marca de $31,07 por acción en 2013...
Os executivos en xefe están a buscar formas de aumentar as ganancias dos investidores despois de revelar As GANANCIAS MÁIS ALTAS DESDE 1988, sostidas en taxas de interese próximas a cero por parte da Reserva Federal e nuns recortes de custos que mantiveron o desemprego preto dun máximo do 26%... As compañías no S&P 500 acumularon diñeiro por dous anos conforme as ganancias por acción aumentaban un 36% en 2010, un máximo en máis de dúas décadas.

Compañías como Limited Brand Inc, os donos de Vitoria's Secret, apóianse en débedas para recompensar aos accionistas. A caída nos custos de préstamos a un mínimo en tres anos deu aos executivos o incentivo de vender bonos e utilizar as ganancias para volver comprar as accións e pagar dividendos...

Compañías no S&P 500 aprobaron $149,8 mil millóns en recompra de accións no últimos tres meses...

'Ter todo ese efectivo na folla de balance gañando nada en esencia está a prexudicar os números das compañías. Resulta lesivo para a súa capacidade de fornecer ingresos aos investidores a longo prazo', deixou devandito David Kelly, quen axuda a supervisar preto de $445 mil millóns como estratego de mercado en xefe para JPMorgan Funds en Nova York. 'Se non poden atopar nada mellor que facer con este efectivo, o mellor que poden facer é devolvelo aos investidores' (CEOs utilizan efectiva marca para dividendos conforme M&A levanta", Bloomberg)
.

Claro. Dispor todo ese efectivo sen facer nada é un grande problema. Poden crer a arrogancia?

En fin, xa pillan a idea. A Norteamérica empresarial e a das grandes finanzas uníronse para incrementar os prezos das accións ao comprar as súas propias accións, fusións e adquisicións, pirámides de débeda e inclusive pedindo préstamos para pagar dividendos; o que sexa necesario para tomar un pouco máis antes de que a economía volva colapsar. Tamén vale notar que ningunha destas estratexias entraña aumentar a demanda, contratar traballadores ou construír unha visión para o futuro. Todo é capitalismo salvaxe: toma o que poidas e pelexa a matar para escondelo do recadador. E eses tipos teñen a audacia de falar de "consumidores despilfarradores"?

Por favor! As grandes compañías non son máis que roubos legalizados disfrazados de empresas lexítimas. Un tería que ser un parvo para comprar a súa imaxe pública. Vexan o que di Anne Lowrey en Slate:
De acordo a Oficina de Análise Económica, as ganancias corporativas reais case chegan a unha cima histórica no últimos tres meses do 2010; as compañías obtiveron $1,68 billóns en ganancias operativas pre-impostos... A Reserva Federal estima que as compañías raian os $1,9 billóns....

Como é posíbel que a economía corporativa sexa tan lucrativa, mentres o mercado laboral se mantén tan débil? Parte da resposta está na produtividade mellorada. Cando a recesión golpeou, os negocios despediron a millóns de traballadores, esixindo ao resto que cubrise co seu traballo a diferenza: o que, en moitos casos, fixeron. A produtividade aumentou un 3,9% en 2010, mentres caían os custos laborais...

... no último trimestre de 2010, a historia era Wall Street. As ganancias caeron nas firmas non financeiras. Pero compañías como bancos de investimento e aseguradoras viron como as súas ganancias aumentaban até un $426,5 mil millóns anualizados. O sector financeiro constitúe agora 30% das ganancias operacionais totais da economía...

Aínda así, os gaños marca non necesariamente se traducen en melloras para a economía: como poderían testemuñalo así os 14 millóns de traballadores sen emprego do país. O ano pasado, as compañías dubidaron en gastar todo ese diñeiro, preocupadas por unha falta de boas oportunidades de investimento e medorentas acerca da demanda. O bo é que parece que comezan a gastar a súa montaña de $1,9 billóns; o malo, que parece que isto non redundará un beneficio inmediato para os traballadores americanos." ("Máis ganancias, menos traballos", Annie Lowrey, Slate).

Así que os altos mandos corporativos e os alquimistas financeiros déronse conta de como engordar a última liña sen contratar traballadores. Xenial. Así que vostede e eu podemos pasar os nosos días vendo telenovelas e pedindo diñeiro nas entradas á autoestrada, mentres os especuladores millonarios xogan a golf no club. Que estafa!

Este sistema de dous niveis só serve aos intereses duns poucos privilexiados e os seus nenos malcriados. A única forma de nivelar o terreo de xogo é rompendo a baralla e volvendo empezar.

Nenhum comentário: