11/04/2011

O Xacobeo deixa 400 millóns de euros menos do agardado

Artigo tirado de aquí. As contas do PP saen novamente furadas e o "evento papal" tórnase agora aínda máis sintomático do desgoberno que asulaga a Galiza.  O pacote estrela de medidas económicas para 2010 da brigada de demolición e limpeza étnica instalada en San Caetano tivo un impacto moito menor que o 0'3% - 173 millóns de euros- anunciado por Roberto Varela - conselleiro de cultura e turismo- e indubitabelmente afastado das previsións iniciais que falaban de 1% do PIB (578 millóns de euros).

http://www.abc.es/Media/201012/31/xacobeo--644x362.jpg

Se tomamos en conta a liquidación do exercicio 2010, e atendemos ao déficit de 13 millóns de euros no que incurriu a Sociedade Xestión do Plan Xacobeo – empresa pública creada pola Xunta de Galiza para promocionar o Camiño e dotalo de servizos – eses 173 millóns de incremento no PIB veríanse reducidos a tan só 160 millóns, descontando a débeda actual de dita sociedade. En total, máis de 400 millóns de euros menos que o proxectado polo goberno popular da Xunta.

A finais do ano 2009, o consellerio de cultura anunciara en varios medios que o impacto do turismo chegado co Xacobeo sería de un punto no Produto Interior Bruto. Neste sentido, o PIB do último ano ascendeu aos 57,834 millóns de euros, segundo o Instituto Galego de Estatística, co cal, ese un por cento esperado estaría cifrado en preto de 580 millóns de euros.

Se comparamos estes resultados económicos con outros sectores que, debido ao seu peso no PIB, deberían ter un carácter máis estratéxico, o fracaso da Xunta é aínda máis evidente, despois de vender con entusiasmo a idea dun ano santo rexenerador dunha economía en recesión.

Perdas de 3 millóns

Así, por poñer un exemplo de actualidade, a pesar de que a pesca en Galiza mobiliza o 10% do PIB do país – máis de 5.780 millóns de euros – o goberno galego "lávase as mans" en asuntos como o veto á pesca da xarda, impulsado polas administracións española e europea, e que producirá, en cuestión de semanas, unhas perdas de ao redor de 3 millóns de euros.

Cabe recordar que os investimentos da Xunta na promoción do Xacobeo non repercuten enteiramente no noso territorio, senón que diseminan os seus efectos entre as distintas comunidades autónomas polas que pasa o camiño, as cales saen indirectamente beneficiadas das campañas turísticas do goberno galego, cos peregrinos sembrando de divisas o camiño ao mesmo tempo que van ficando sen recursos para gastar nun destino final de curta estancia.

Turismo

Por outra banda, a crise demostrou tamén que os países que priman o turismo sobre as actividades produtivas – caso de Grecia, Portugal ou España – son as que máis sofren as súas consecuencias. Destinar gran parte dos recursos a promocionar o Xacobeo en lugar de apostar polo desenvolvemento de sectores propios iría en consonancia con estas políticas.

Postar um comentário