Daniel Raventós en Sin Permiso.
Tres acontecementos políticos de importancia se produciron ao longo das últimas semanas no Reino de España. Un, sen ningunha dúbida o máis importante, é a irrupción do gran movemento do 15 de maio, que significa o comezo quizais dunha resistencia de envergadura ante a situación social e a porcallada da actual política institucional. Os outros dous son as eleccións municipais e dalgunhas comunidades, e a designación de Pérez Rubalcaba como candidato nas próximas eleccións xerais do actual e máis que enfermo partido no goberno. Especialmente os dous primeiros foron comentados con amplitude en Sen Permiso [1].
Estes acontecementos, á súa vez, están compostos de moitos elementos cuxa importancia pode ser moi grande para unha cidade ou pobo determinados (no sinalado caso das eleccións municipais), pero pequena para o conxunto. E, salvo para as persoas que resultan directamente afectadas por unha ou outra razón, estes elementos parciais pasan normalmente desapercibidos para o conxunto. Outras veces, a magnitude dun resultado electoral pode esconder aspectos interesantes inmersos nalgúns programas das candidaturas. Non é frecuente esta última eventualidade (os aspectos interesantes), pero ás veces ocorre. E outras veces aínda, a espectacularidade dun movemento social como o do 15 de maio, pode deixar completamente escondidos moitos dos atraíntes debates que teñen lugar no seu seo.
Vexamos un exemplo das últimas eleccións municipais e outro do movemento do 15 de maio.
Sabido é que Bildu, a coalición de esquerda independista vasca, conseguiu uns resultados electorais realmente boísimos. Lembrarase que obtivo a moi respetábel cifra de 313.000 votos e máis de 1.100 concelleiros, sendo a segunda forza máis votada no País Vasco, tan só algo por tras do Partido Nacionalista Vasco (327.000). Moi por riba do PSOE (PSE naquelas lares) e da dereita españolista do PP que obtiveron 227.000 e 165.000 votos, respectivamente. Ese foi un dos poucos datos agradábeis para a esquerda, se non o único, das eleccións municipais e parcialmente autonómicas do pasado 22 de maio. Todo iso é ben coñecido, pero non o é tanto o feito de que Bildu presentaba no seu programa foral a defensa dunha renda básica de cidadanía. E nese punto a redacción era dunha falta de ambigüidade admirábel. Despois de constatar que as desigualdades sociais non están en vías de reducirse no futuro inmediato, e que as prestacións económicas condicionadas necesitan dunha revisión para facer fronte á situación de desemprego masivo e de pobreza crecente, Bildu propón "levar a cabo un debate social e político co fin de articular unha proposta sobre unha Renda Básica de Cidadanía" a partir de tres principios: universalidade, individualidade e incondicionalidade. Máis adiante, o programa especifica os efectos que tería unha renda básica de cidadanía. Entre eles cabe destacar que eliminaría os humillantes controis e aforraría gastos administrativos; permitiría ás persoas poder elixir máis libremente a combinación preferida de traballos (remunerado, doméstico e voluntario); favorecería o autoemprego e a iniciativa; facilitaría un aumento salarial en determinadas actividades laborais pouco gratificantes ou atractivas; reduciría a fraude e desaparecería a 'trampa da pobreza'. Finalmente, Bildu asegura que a renda básica de cidadanía "garantiría as condicións materiais da liberdade".
O movemento do 15 de maio estivo en primeira liña informativa pola súa orixinalidade, apoio social e por algúns brutais casos de represión como o protagonizado na praza de Catalunya nunha inxustificada e imbécil provocación policial coa que se estreou o novo Conseller de interior, Felip Puig, do recente goberno da coalición de dereita catalá Convergència i Uniu. Acusouse reiteradamente ao movemento do 15 de maio, de forma a miúdo ridícula, de que non tiña propostas e, se as tiña, eran irrealizábeis, cando non directamente tolas. Como sabe calquera que coñeza algúns dos debates e aspectos programáticos aventurados polas asembleas deste movemento, moitas das propostas son dunha sinxeleza e apremio social que contrasta vivamente coas medidas económicas que se están implantando ao longo dos últimos meses por parte de moitos gobernos e que tan aplaudidas son polos causantes das crises, así como polos seus habituais xustificadores xornalísticos, tertulianos ou académicos. Medidas económicas e sociais que son grandes ataques ás condicións de vida e traballo da inmensa maioría da poboación non rica. E cuxo atribuído "realismo" por razóns técnicas é pura xustificación ideolóxica das agresións. Ante estas medidas cada vez máis agresivas, as propostas do movemento do 15 de Maio contrastan polo súa perentoriedade social. Véxase se non, como mero exemplo, unha pequena parte das boas e racionais propostas ou demanda de mínimos da asemblea da praza de Catalunya de Barcelona: as entidades financeiras en dificultades deben crebar ou ser nacionalizadas para constituír unha banca pública baixo control social; recorte drástico do soldo dos políticos equiparándoo ao soldo da media da poboación; doazón en pago das vivendas para cancelar as hipotecas, de forma retroactiva desde o inicio da crise; devolución transparente e inmediata ás arcas públicas por parte dos bancos de todo capital público achegado; prohibición de investimento en paraísos fiscais; aumento do tipo impositivo ás grandes fortunas e entidades bancarias; eliminación das SICAV; non á eliminación do imposto de sucesións e recuperación do imposto de patrimonio; control real e efectivo da fraude fiscal e da fuga de capitais a paraísos fiscais, referendo obrigatorio e vinculante para cuestións de envergadura como as directivas europeas, etc. etc. Estes puntos van precedidos dunha introdución na que podemos ler: "Mentres tanto os políticos que non nos representan seguen alí, dando bandazos e lexislando sobre as nosas vidas. Por iso escribímoslles aquí algunhas medidas que poidan entender facilmente e que queremos que se apliquen xa. Alerta! É un documento de mínimos. En realidade o que queremos é moito maior, algo que posibelmente non entendan nunca." Pois ben, aínda que non foi "elevada" á categoría de proposta xeral, a renda básica de cidanía foi discutida tamén nalgúns dos debates que tivo o movemento do 15 de maio. Podo constatar persoalmente que estivo presente, entre outras prazas, nalgúns dos actos e debates da asemblea da praza de Catalunya.
Que a proposta da renda básica de cidadanía fose introducida, de forma explícita no programa de Bildu e de forma máis dubitativa nalgúns debates do movemento do 15 de maio, contrasta co cada vez maior abandono que dita proposta está a sufrir entre boa parte dos partidos parlamentarios, especialmente a partir do estalido da gran crise económica. Deixando agora á marxe a importante cuestión de que a renda básica é máis necesaria precisamente nunha situación de crise que nunha de bonanza económica, o abandono paulatino do debate desta proposta no Parlamento español e nos autonómicos por parte de partidos que nalgún momento mostraron algún interese na proposta, contrasta co renovado interese co que a acollen organizacións como Bildu e, con todos os matices apuntados, o movemento do 15 de maio. Como mostra dese abandono: en que quedou a subcomisión do Parlamento español para estudar a viabilidade dunha renda básica que se creou o 28 de abril de 2009? Esta subcomisión, cuxo nacemento se realizou a proposta de Esquerra Republicana de Catalunya e Esquerda Unida-ICV, foi votada por unanimidade. Máis de dous anos despois non se puxo a funcionar nin, como parece razoábel supor, o fará algunha vez nesta lexislatura máis morta que viva.
Coa renda básica de cidadanía está a ocorrer algo que, a custa da simplificación, poderiamos titular esquemáticamente como: "dos movementos aos parlamentos e viaxe de volta". O que empezou sendo exposto fóra dos parlamentos, logo pareceu ter posteriormente o interese dalgúns parlamentarios. Agora, en plena crise económica, e aínda que haxa deputados que aínda ven na renda básica unha boa proposta social a ter en conta, son algúns movementos sociais e formacións políticas non do todo convencionais os que están a lle prestar maior atención. É o signo dos tempos.
A renda básica, financiada mediante unha reforma impositiva na que os ricos [2] achegasen moito máis do que agora pagan en impostos, sería unha forma de distribuír a riqueza de maneira completamente contraposta á que se practicou ao longo das últimas décadas onde se redistribuíu dos pobres aos ricos. Por iso mesmo, como o expresaba o biógrafo de Keynes, o economista Robert Skydelski, nun recente e breve artigo en que mencionaba á renda básica como unha das medidas a considerar, esta proposta "non será do gusto de todos". [3] O importante, efectivamente, é que sexa do gusto dunha maioría social.

Notas:
[1] Véxase especialmente: Antoni Domènech, "Mellor ao revés: cal é a alternativa real ao Movemento do 15 de maio?", Sen Permiso, 22-5-11 e G. Buster, "Reino de España: as consecuencias da estratexia do 'mal menor'", Sen Permiso, 29-5-11.
[2] Segundo Merril-Lynch e Capgemini, que saben de que falan cando de ricos se trata, no ano 2009 (último ano até agora con datos dispoñíbeis) había 149.000 persoas no Reino de España que podían considerarse ricas nun sentido preciso: superaban o millón de dólares sen contar a primeira residencia, os bens coleccionábeis e os de consumo duradeiro. É dicir, trátase de 149.000 ricos que dispoñen, soamente entre o efectivo e os bens rapidamente convertíbeis en líquido, máis dun millón de dólares. Véxase para máis detalle Daniel Raventós, "As cifras da concentración mundial da riqueza", Sen Permiso, 17-10-10. [3] Robert Skidelsky, "Aos tombos co traballo", 19-5-2011, dispoñible en http://www.project-syndicate.org/commentary/skidelsky41/Spanish.
Nenhum comentário:
Postar um comentário