O simpático señor Andic. |
"Se acabó la fiesta. Ahora hay que pagarla". Estas son as palabras que perante a imprensa pronunciou Isak Andic, presidente da transnacional Mango e do Instituto de Empresa Familiar (IEF), que agrupa máis de 400 empresas familiares do Estado español. Coincide nas receitas, como non, coa patronal (CEOE) para saír da crise. Ambas institucións da burguesía coinciden que os cidadáns deben contribuír para o coste dos servizos públicos, toda vez que os "rescates" e megaaxudas a bancos e transnacionais aumentaron a dívida dos estados. Así, piden o copago sanitario, soldos variábeis para funcionarios, o fin da gratuidade na educación, nova reforma laboral, etc.
Conviría apuntar que Isak Andic está dentro das grandes fortunas que supoñen 80% da fraude fiscal no Reino de España, cando 96% dos cidadáns do estado declara gañar menos de 60.000 euros por ano!!! 15 fortunas no Estado español suman 63.000 millóns de dólares segundo a revista Forbes. Eis a lista dos que din que "se acabó la fiesta" cando para eles non fixo máis do que comezar:
1.- Amancio Ortega. 75 anos e propietario do grupo Inditex con casos documentados de explotación infantil en, cando menos, India, Portugal e Brasil. É a 7ª fortuna do planeta con 22.290 millóns de euros. A súa fortuna elevouse en 2010 en 6.000 millóns de euros.
2.- Isak Andic, no posto 159 mundial. Fundador da firma Mango, con 4.300 millóns de euros. Este é o que pretende que os que o 96% que cobra menos de 60.000 euros ano pague para a súa fortuna continúe medrando expoñencialmente.
3.- Rosalia Mera. A ex-esposas de Amancio Ortega. Está no 254 da lista Forbes con 3.020 millóns de euros. É a muller máis abastada do Estado español e as súas empresas contan con bolseiros pagados por Caixanova cunha retribución duns 600 euros e sen seguranza social.
4.- Manuel Jove. Tamén galego de orixe como Mera e Ortega. É o creador da inmobiliaria Fadessa e conta con 2.150 millóns de euros sendo o 376 da lista Forbes.
5.- Juan Roig. Presidente de Mercadona, a súa fortuna ascende a 2.080 millóns.
6 e 7.- Alicia e Esther Koplowitz. A fortuna de Alicia é de 2.300 millóns de dólares (en 2010 eran 2.220). A de Esther de 1360 millóns.
8.- Florentino Pérez, coñecido por ser presidente do Real Madrid e construtor (ACS) conta cunha liquidez de 1360 millóns de euros.
9.- José María Aristrain, empresario basco do azo (Arcelor), con 1.22o millóns de euros.
10.- Emilio Botín. Presidente do grupo bancario Santander, cunha fortuna de 1.500 millóns de dólares
Con impor unha fiscalidade progresiva e impedir a fraude fiscal destes señores e dalgúns máis os problemas actuais da sanidade, da educación e do estado do benestar desaparecerían.Poderíamos engadir á lista o promotor inmobiliario Enrique Bañuelos con 1.000 millóns de euros e o hosteleiro (Grupo Meliá) Gabriel Escarrer coa mesma cantidade. Estes vese que non teñen nunca que "apretarse el cinturón". Como non o fan Juan Abelló con 1.300 millóns de dólares, nen Alberto Alcocer e Alberto Cortina con 1.200 millóns de dólares cada un e, por certo, antigos maridos das señoras do posto 6 e 7.
Andic pide copago
As palabras de Andic producíronse no XIV Congreso Nacional de la Empresa Familiar e en vez de chamarlle copago recorreron a neolingua orwelliana e denominárono "racionalización de la financiación del sector sanitario". Unha semana antes, o novo presidente da CEOE, Juan Rosell, xa pedira tamén o copago sanitario se ben no documento proposto ao PP e ao PSOE só falaba de copago en "servicios públicos congestionados", ou sexa a sanidade e a educación do seu ponto de vista.
Nengún dos dous mencionou, como é lóxico, reformar o sistema fiscal para facelo progresivo e que pague o que máis ten. En vez diso, e no vieiro do fascismo financeiro implementado en Grecia, Portugal e Irlanda preferen aumentar os ingresos do Estado subindo o IVE. Lembremos que en Portugal o IVE dos produtos básicos pasou a estar a un 23% (no Estado español até o 20 de novembro manterase no 4%).
Andic, como nos tempos da preditadura de Primo de Rivera, pediu un grande pacto entre liberais e conservadores, entre os Cánovas e Sagasta de hoxe. No PSOE Ramón Jaúregui di que a súa formación está disposta a facelo. O PP sempre toma as medidas dos empresarios para o programa e, sobretodo, para a acción de goberno. Jáuregui di que o PSOE proporá fusionar concellos e que as CA absorban as funcións das Deputacións entre outras medidas de "ajuste". Cáseque simultanemente o conselleiro delegado de Banesto, José García Cantera, queixábase da exixencia ("imposición") do 9% do capital á banca europea xa que é, ao seu modo de ver, "extremadamente dura". Que os que non teñen para chegar a final de mes fiquen sen prestacións sociais ou que un indixente sexa multado por "robar" no lixo non o debe ser. Eis o nacional-socialismo dos ricos, falta de vergoña na cara!
Ligazóns relacionadas:

http://www.publico.es/dinero/403186/los-empresarios-piden-copago-en-sanidad-y-educacion
http://www.elconfidencial.com/espana/2011/10/20/el-ayuntamiento-paga-a-gallardon-un-mayordomo-particular-por-3150-euros-mes-86209/

Um comentário:
Logo dizem que aqui a gente não quer trabalhar, que somos nugalhãos, etc. Já, já, mas portugueses e galegos trabalham mais horas que os alemães, sempre postos como exemplo. Quando Durão Barroso foi inquerido em EuroNews sobre economia diz textualmente que ainda estávamos a muita distância da China em custos laborais. Esse é o seu caminho...
http://xosebangueses.visibli.com/share/oS790w
Postar um comentário