O PP gañaría as eleccións xerais do 20 de novembro cun 46'6% dos votos segundo o CIS, o que se traduciría en 190-195 deputados. Superaría folgadisamente a maioría absoluta que está nos 176 escanos polo que os dados son para botarse a tremer, sobre todo tendo en conta que hogano ten 154 deputados no Congreso, é dicir, subiría 31 deputados.
O partido do Goberno do Estado español, o PSOE cuxo candidatábel é Alfredo Pérez Rubalcaba materíase no entanto como a segunda forza máis votada mantendo o turnismo da II Restauración borbónica. Obtería 29'9% dos votos e entre 116-121 deputados, ou sexa moi lonxe dos 169 deputados obtidos en 2008. Cómpre aliás ter en conta que no anterior barómetro de estimación de voto o PP obtiña 43'1% e o PSOE un 36% o que acentúa cada vez máis a maioría absoltua da extrema dereita españolista. De feito, un inquérito de Sigma Dos para El Mundo dálle ao PP 47'4% dos votos e 191 escanos, é dicir unha maioría absoltua superior até a de Aznar en 2000 con 183 escanos. O PSOE ficaría con 119 deputados e 31% dos sufraxios.
No tocante a outras formacións de dereita: CiU obtería 3'31% dos votos e 13 escanos; o PNV 1'17% e 3 escanos, polo que perdería o grupo parlamentar; Coalición Canaria 0'62% e 2 escanos; Foro Asturias 0'26% e 2 escanos; A extrema dereita de UPyD obtería 2'91% e 3 escanos.
O Bloque Nacionalista Galego mantería segundo o CIS os seus dous escanos actuais e obtería 0'77% dos votos, o que significa un repunte claro do BNG. Seguindo na esquerda real, Esquerda Unida/Iniciativa per Catalunya obterían 6'17% dos votos e 8 escanos. A esquerda abertxale coaligada en Amaiur 1'05% e 3 escanos; ERC 1'23% e 3 escanos; Compromís-Equo tiraría 1 escano co 0'47% dos votos.
Na Galiza, o PSOE tiraría 2 escanos n'A Cruña, o PP 5 e o BNG 1. En Lugo 1 o PSOE e 3 o PSOE. En Pontevedra 1 o BNG, 2 o PSOE e 4 o BNG e, finalmente, en Ourense 3 o PP e un o PSOE.
Nenhum comentário:
Postar um comentário