01/12/2011

O Santander refinanciou a débeda do PSOE e deu unha hipoteca a Zapatero durante o seu mandato

http://www.youtube.com/watch?v=5woXb-XnSYQ

Nos cáseque oito anos de mantado de José Luis Rodríguez Zapatero o Banco Santander e o PSOE estreitaron a súa relación comercial como clientes que finalmente se materializou nun indulto obsceno a un dos seus directivos, o conselleiro delegado da entidade bancaria con nome Alfredo Sáenz. Todo isto adobado cun silencio cúmplice dos medios sobre o fraude fiscal exercido polas rendas altas e especialmente pola bancocracia que suplantou as institucións mal que ben tinxidas dum verniz democrático até hai ben pouco. 

O BSCH condonou 12 millóns de euros da débeda que arrastraba o partido, feito que non se coñecería até que en 2006 o Tribunal de Contas incluiu esta información na elaboración do seu informe sobre financiamento de partidos políticos. Sen movernos dese ano vemos como o PSOE paga 3'8 millóns de eruos para cancelar un empréstimos que obtivera en 1987 e cuxos reiterados impagos e retrasos alimentara un buraco nas finanzas do partido. Mentres o BSCH apostaba polo PSOE tamén investía no PP (embora aquí sexa o BBVA o parceiro preferido).

O Santander xustificou a cancelación da débeda porque fora un empréstimo inicial de 1'6 millóns de euros que se concedera entón a "un tipo de xuro moi elevado, de 15%, cun xuro de demora de 19%). En 1993 o BSCH "saneou a posición por importe do principal impagado e por 1'7 millóns de euros en concepto de xuros" até que en maio de 2006 tivo lugar a "renegociación" pola cal o PSOE, após dous anos no Goberno, aceptou pagar 3'8 millóns de euros para cancelar a débeda.

A operación coincidiu cunha hipoteca que Zapatero solicitou ao banco de Emilio Botín (de 440.000€) para financiar o seu primeiro investimento inmobiliario, unha casa na localidade almeriense de Vera, lugar frecuentado por outros dirixentes do PSOE.  Esa propiedade curiosamente foi vendida por Zapatero coincidindo co final do seu mandato e vendida en menos de 300.000€ xunto a un piso que tiña no centro de León para financiar a construción dunha nova vivenda nas aforas da capital leonesa.

Porém o PSOE e o PP non recorren apenas a un só banco. En 2006, a entidade basca BBK cancelou unha débeda de 21 millóns de euros por unha débeda do PSOE arrastrada desde meados da década de oitenta. O PSC, cando José Montilla dera o salto a Madrid como ministro a finais de 2004, conseguiu pór ao día as contas con La Caixa, aprobando esta unha quita da débeda de 7'1 millóns.

O Tribunal de Contas asinala que a débeda do PSOE en 2006 (os dados sempre teñen desfase en varios anos pola natureza opaquísima da financiación dos grandes partidos da II Restauración borbónica) con entidades financeiras ascendía a máis de 60.000.000 €, enquanto as do PP (com casos vereficados de financiación irregular como a trama Gürtel e outras) son de 30.000.000€.

Na Galiza é tamén coñecido o caso do BNG, con débedas con Caixa Galicia e Caixa Nova (agora No.Ca.Ga) que ascenden a máis de 4.000.000€ e que para determinaron posicionamentos pouco claros e valentes como na cuestión das caixas. No entanto, a diferença do BNG, no PSOE e no PP descoñécense os acredores, xa que só as caixas de aforro por sentar políticos nos seus consellos (antes de tornárense bancos) estaban obrigadas a especificar esta información nos seus informes anuais. Lémbrese, ademais, que até 2007 os empréstimos e condonacións dos bancos aos partidos non estaba regulado por lei e era completamente opaca. O Tribunal de Contas non se queixa só diso, mais tamén da súa pouca capacidade de pesquisa e comprobación dos dados fornecidos por terceiros.


Nenhum comentário: