Alejandro Nadal. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por nós.
Unha versión moi popular sobre as orixes da crise sostén que a avaricia conduciu aos operadores do sector financeiro ao exceso que xerou o desastre. É unha interpretación da crise que atopa moitos adeptos porque permite atopar fallas nas debilidades e vicios dunhas cantas persoas. O sistema está ben, só que sempre hai unhas cantas mazás podrecidas que todo o botan a perder.
De entrada esta representación da crise ten un problema. Suponse que o mercado é un dispositivo que se nutre do egoísmo e da ambición individual. Como di Adam Smith, é precisamente porque os individuos son egoístas e perseguen o seu interese persoal que se logra unha situación de harmonía social en e polo mercado. De aí a súa metáfora: é coma se cada un fose guiado por unha "man invisíbel" e polo seu egoísmo terminase facendo o ben para todos os demais. Como é que agora a ambición desmedida provoca as crises?
Ben, tamén se di que a desregulación do sector bancario fixo posíbel o desastre. A ambición sería o motor, mais a eliminación de controis sobre o sector bancario e financeiro abriu o camiño para o despregamento desas paixóns, traendo consigo graves implicacións macroeconómicas.
Porén aquí hai algo interesante. Resulta que se son as paixóns desmedidas as que procrean a crise, entón o que se necesita para previla é estabelecer os límites adecuados a tal frenesí. No caso actual, a crise teríase evitado se se puxesen límites á ambición desmedida. En síntese, o sistema económico está ben, mais ás veces algúns seres humanos descarrílano pola súa conduta malévola ou torta.
Claro, a retórica que utiliza a teoría económica busca expurgar calquera referencia á moral e prefírese usar a palabra "expectativas" en lugar de "paixóns": os axentes económicos teñen expectativas que se forman de maneira máis ou menos racional. E así, desde Keynes até Lucas, pasando por Minsky, os planos de investimento e consumo dos axentes que integran unha economía fórxanse a través dos esforzos para enfrontar a incerteza (Keynes) ou para frustrar as intervencións do goberno (Lucas).
A análise de Minsky é máis sofisticada, mais descansa na mesma idea. Do mesmo xeito que outros autores post-Keynesianos, Minsky ofrece un modelo máis serio sobre o funcionamento dunha economía monetaria capitalista que o que propón a teoría convencional. Na súa explicación sobre a dinámica dunha economía capitalista, o endebedamento e os bancos teñen un papel importante. (Aínda que os lectores sorprenderanse, nos modelos da teoría convencional, a que é utilizada para facer a apología do ultraliberalismo, os bancos non aparecen por ningún lado. Si, así como o len: nos modelos dos economistas do sistema, nin os bancos, nin o endebedamento teñen o lugar que merecen. Porén estoume desviando do tema).
Aquí o importante é destacar que no modelo de Minsky sobre as crises financeiras o papel das expectativas é crucial. Nas fases de tranquilidade nunha economía capitalista, os axentes económicos, empresarios na economía real ou prestamistas no sector financeiro atopan que as súas expectativas sobre a evolución favorábel da economía están a confirmarse. Proceden a corrixilas á alza e iso conduce á apreciación dos seus activos, o que lles permite maior apalancamento e endebedamento. E iso conduce novamente a novas correccións na súa conduta como tomadores de risco e así sucesivamente. No entanto, aos poucos o proceso esgótase e arrinca un proceso de deflación. É a crise e no seu desenvolvemento, o compoñente subxectivo (a formación de expectativas) desempeña un papel fundamental.
Existe outra visión sobre as desfeitas que sofren as economías capitalistas. Nela o sistema económico conduce á crise independentemente da formación de expectativas ou das motivacións da conduta dos axentes. Nesta percepción o sistema económico é como unha maquinaria cuxas contradicións internas imprimen o dinamismo que conduce ás crises. Non se trata aquí de saber que pasa cando os axentes abrazan prognósticos máis ou menos optimistas sobre o futuro da economía, ou cando se equivocan nas súas anticipacións. A economía funciona de tal maneira que a crise é inevitábel, calquera que sexa o proceso e o resultado da formación de expectativas.
É ao que conduce a análise de Marx. As contradicións do capitalismo, e en especial a loita de clases, son a incubadora da(s) crise, independentemente das motivacións e expectativas dos axentes. Nin o sub-consumo, nin a sobre produción son suficientes para deter permanentemente o proceso de acumulación capitalista. En cambio, a lei tendencial sobre a caída da taxa de gaño erixe unha barreira para a expansión do capital que soamente pode resolverse en e a través da crise. Esa lei maniféstase sen implicar unha referencia ás anticipacións dos axentes.
É certo que hai paralelismos entre a análise de Keynes-Minsky e de Marx. Sen dúbida as súas análises son complementares e desembocan claramente na mesma conclusión: unha economía capitalista é inherentemente inestábel. Keynes diría que, ademais, é capaz de manter niveis socialmente inaceptábeis de desemprego durante moito tempo. Por iso é necesaria a acción do goberno e ábrese o debate sobre os diferentes méritos da política fiscal versus a monetaria, etc. Porén a diferenza profunda entre Marx e Keynes-Minsky é que no primeiro non hai maneira de evitar a crise. O capitalismo non é só "inherentemente inestábel", senón que é sinónimo de desigualdade e crise. A saída non é unha regulación adecuada ou unha intervención eficaz, senón a transición a un sistema socialmente desexábel.

Nenhum comentário:
Postar um comentário