Mostrando postagens com marcador liberdade. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador liberdade. Mostrar todas as postagens

09/01/2014

A liberdade de todos ameazada pola riqueza de 2.170

Daniel Raventós. Este artigo foi tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por À revolta entre a mocidade. Daniel Raventós é profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade de Barcelona, membro do comité de redacción de Sin Permiso e presidente da Rede Renda Básica. Amais, é membro do comité científico de ATTAC e autor do libro ¿Qué es la Renta Básica? Preguntas (y respuestas) más frecuentes (El Viejo Topo, 2012). Unha versión máis reducida deste artigo publicouse no Diario de Mallorca en 25-12-2013.



Non houbo ningún autor minimamente serio que fose defensor do que para simplificar poderiamos chamar igualdade total. Si "igualdade total" son palabras con algún sentido preciso. Efectivamente, somos moi diferentes. Unhas persoas son mozas e outras cáseque centenarias, unhas teñen boa saúde e outras téñena moi precaria, unhas son moi intelixentes e outras non tanto, unhas preferin a  televisión a todas horas e outras lecturas de bioloxía evolutiva, unhas gostan da prensa deportiva e outras de estudar a Aristóteles, unhas desexan escalar montañas e outras encherse de pornografía ou de discursos papis, etc. Constatar estas evidencias resultaría innecesario se non for porque en ocasións estas grandes diversidades nas preferencias e na consitutión natural empréganse para intentar defender situacións sociais que non produto de desigualdades máis ou menos neutras senón completamente inocuas. Hai desigualdades que non atinxen á liberdades da maioría, mais hai outras que a pexan cando non a anulan.

As grandes desigualdades económicas son un impedimento á liberdade da grande maioría. Cando un poder privado é tan inmenso que pode impor a súa vontade ou, máis tecnicamente, a súa concepción do ben, ao resto da sociedade ou a unha grande parte, a liberdade desta maioría está seriamente afectada. Os poderes privados máis desenvolvidos que actualmente poden impor a súa vontade á grande maioría da sociedade, incluídos moitos Estados que parecen estar ao seu servizo (e en moitos casos están directamente ás súas ordes), son as grandes transnacionais. Mediante ameazas de distinto calibre (migración a outro lugar, cerre de fábricas...) estas grandes transnacionais conseguiron entre outros obxectivos: rebaixas do imposto de sociedades, bonificacións fiscais moi diversas, adxudicación de terreos de forma vantaxosa respecto a outras empresas... Sen contar as axudas lexislativas que reciben desde moitos países que permiten a enxeñaría fiscal mediante, aínda que non a penas, os paraísos fiscais [1] e que ocasionan a evasión de cifras multimillonarias de impostos. Por exemplo, Apple tivo no Reino de España unha declaración de imposto de sociedades negativa no ano 2011. Son moitos tamén os cartos que estas empresas dedican ao cabildeo directo ou indirecto. Outro exemplo: entre 1998 e 2004, 759 millóns de dólares empregáronse por parte das grandes farmacéuticas para influír en nada menos que 1.400 disposicións do Congreso dos EUA. Estímase que hai 2'5 lobbistas por cada deputado nos EUA. Non é estraño que o que fora presidente de aquel Estado, F.D. Roosevelt, chamara a estas empresas "monarcas económicos". A razón é que atentaban contra a liberdade da república, unha vella tradición monárquica. E o que seguen facendo de forma aínda mais desvergoñada. Como calificaría Roosevelt agora a estas empresas 80 anos despois! Cando a existencia material de millóns de persoas depende da arbitrariedade dalgúns poucos e potentes consellos de administración, a liberdade do primeiro grupo periga se non está xa sometida. 

É moi reconfortante para os que amasan grandes fortunas escoitar a xornalistas e académicos que atribúen a razón destas acumulacións aos enormes méritos despregados para conseguilas. Méritos que lles falan e lles alagan sobre músicas que lles pracen enormemente: se chegaron onde están é porque se trata de grandes emprendedores ou intelixentes innovadores ou xenios financeiros ou working rich... Non todo o mundo dispón deses méritos e xenios, e por tanto, hai que aceptar que é o pago xusto a tanta excedencia. Non só se trata do chamado "sesgo da confirmación", segundo o cal a información acorde coas propias conviccións procésase de forma moito máis favorábel que a información que non é acorde coas mesmas. Hai máis. Así, a desigualdade non sería senón  o custe que hai que pagar en troques de oportunidades. Nun recente libro [2] recordábanse algúns dato que non fan tan favorábeis as cousas para os moi ricos: 40% dos 400 norte-americanos máis ricos heredaran máis de un millón de dólares dos seus devanceiros. Cun millón ou máis de dólares, sen contar relacións, educación, amistadas achegadas polas familias de orixe, xa se empeza a carreira dunha maneira bastante vantaxosa. Máis gratificante é, con todo, para estes zutanos achacar aos méritos propios a súa privilexiada posición. E sempre hai académicos e xornalistas dispostos a dicirllo repetidamente para facerlles máis fantástica a súa xa afortunada existencia. Tampouco é necesario ser moi extremista á hora de agasallar aos moi ricos e, en perfecta simetría, responsabilizar aos pobres da súa desgraciada situación.

Non fai falta, por exemplo chegar às propostas de Thomas Nixon Carver, o que fora catedrático de política económica na Universidade de Hardvard entre 1902 e 1935 e un dos presidentes da American Economic Associatio. Este economista propunha a esterelização dos "palmariamente inetos", quer dizer, aos que não alcançvam um ingreso anual de 1800 dólares. Na década de 30 do passado século, que é quando se fez a proposta, esta quantidade abrangia 50% da população dos EUA, quer dizer, por volta de 60 miliões de pessoas. Não andava com monadas o senhor Carver [3]. Porém, insisto, não faz falha chegar a tanto extremismo: é suficiente com que os jornalistas e académicos mencionem o justo pago aos ricos pelos seus méritos e genialidades para justificar as suas imensas fortunas. Por vezes, também deve acompanhar-se da inveja que, segundo eles, invade ao resto. Porém moderadamente, não faz falha apresentá-lo de forma assaz radicalizada, não. Ao fim e ao cabo, não são fortunas as que contribuim com alguma quantidade a paliar as desgraças do mundo? O filantrocapitalismo ao que se dedicam alguns dos grandes multimilionários não lava apenas consciências, mas também é muito rendível. E a ninguém lhe amarga um doce. 

Desde o início da crise económica as distâncias sociais e as desigualdades entre os mais ricos e o resto da espécie incrementaram-se. Já no ano 2012 por citar a um economista conhecido, Joseph Stiglitz escrivia: "Quem mais padece as crises são os trabalhadores e as pequenas empresas, e isso foi especialmente certo durante esta crise, em que os benefícios das grandes empresas seguem sendo elevados em muitos setores, e aos bancos e aos banqueiros vam-lhe bem as coisas". [4]

Dados que o corroboram, mas antes um comentário. Como fica dito, os ricaços têm académicos e jornalistas que são os seus bufões e o seu séquito. "Muita da literatura atual sobre o mundo dos grandes diretivos de empresas publica-se em revistas como Fortune, Businessweel ou Forbes. (...) em nenhum lugar podem encontrar-se estudos empíricos sobre as raízes sociolobiológicas das tendências criminosas da classe executiva". [5] Vejamos uma amostra dessa "literatura atual sobre o mundo dos grandes diretivos" que achega dados interessantes. O informe acabado de publicar de UBS (antigamente conhecia-se como União de Bancos Suíços) Wealth-X and UBS Billionaire Census 2013, indica que no Rein ode Espanha há 22 milmilionários que acumulam uma fortuna de 74.000 miliões de dólares, o que equivale a mais de 5% do PIB do Reino. Sim, apenas 22 pessoas acumular esta incrível fortuna. E os 2.17o humanos que no 2013 acabado de finalizar atessouram 6'5 biliões (triliões em inglês dos EUA) de dólares dispõem da mesma fortuna que representa o PIB mundial menos o da China e os EUA. Esta imensa quantidade de dinheiro em tão poucas mãos é 60% superior a sua riqueza, pas mal. As muito concretas 2.170 pessoas e algumas mais são as que estão no extremo privilegiado das grandes desigualdades. "Os frequentes sucessos que colheitam as grandes empresas à hora de não ter que assumir todas as consequências dos seus atos são um exemplo de como modelam a seu favor as refras do jogo económico". [6] É um poder privado tão imenso que a sua vontade, a sua conceção do bem, impõe-se a uma grande maioria da sociedade. Não se trata apenas da galopante desigualdade que com algumas calaças poda mitigar-se, trata-se da liberdade da imensa maioria.



  Notas: 
[1] En Zug, cidade suíça, estão censados 19.000 habitantes e é a sé de por volta de 30.000 empresas. Muitas destas sés de grandes transnacionais ubicadas nesta vila suçiça não têm nem um só empregado. Zug foi a pioneira suíça em oferecer impostos testemunhais às grandes empresas.

[2] Andy Robinson (2013): Un reportero en la montaña mágica, Ariel. 

[3] Daniel Raventós (2010): "La contrarreforma laboral del Gobierno Zapatero aún no es la castratio plebis  de Thomas Nixon Carver como solución a la pobreza y el paro", SinPermiso núm. 7. 
[4] Joseph Stiglitz (2012): El precio de la desigualdad, Taurus.  
[5] Jeffrey St. Clair y Alexander Cockburn (2013): "The American Criminal Elite. An Orgy of Thieves", Counterpunch, 24-11-2013. Traducción en SP: "La élite criminal de los Estados Unidos. Una orgía de ladrones", SinPermiso, 24-11-13. [6] Josep Stiglitz, op. cit,., p. 249.


29/12/2013

Os mercados financeiros desamalloados - Unha análise do capitalismo moderno

Oskar Lafontaine. Artigo tirado de El blog del viejo topo (aquí) e traducido para o galego por nós. O artigo orixinal "Entfesselte Finanzmärkte - Analyse des modernen Kapitalismus" foi publicado en 25 de setembro de 2013 no site de Oskar Lafontaine (aquí), um dos fundadores de Die Linke (A Esquerda) e antigo ministro com a SPD. Este texto corresponde a uma palestra de Oskar Lafontaine, o passado 25 de setembro, perante un congreso de inversores do Banco DAB en Munique. A tradución para o castelán é de Tucholskyfan Gabi para El blog de el viejo topo e desde aí traducímolo ao galego os que traballamos neste blogue À revolta entre a mocidade cotexando coa versión alemá e engadindo algunhas notas entre corchetes. Boa e pousada lectura irmáns!



Antes de mais quixera darlles as grazas por terme convidado, se ben non oculto a miña sorpresa de que se me convidara a este congreso de inversión do banco DAB en Munique. E pódome imaxinar as serias reservas que se atoparían os que propuxeron convidar a un político de esquerdas para que se pronuncie sobre este tema. Mais tamén pode que existen argumentos capaces de xustificar este convite, vexamos.

Cando en 1990, sendo candidato da SPD para a chancelaría, advertía dos perigos que supuña a unión monetaria panalemana ao cambio de 1:1, por traer consigo de golpe a perda de millóns de postos de traballo e unha transferencia, desde o oeste ao leste, duns 30 mil millóns de DM, tan só me vin apoiado por unha minoría de profesionais.
 Cando advertía en 1998 do perigo que supuña a introdución do euro sen contar cun goberno económico europeo e, sobre todo, sen unha política salarial coordenada, fun pouco escoitado. Predicía entón que a zona euro, sen estas dúas medidas complementarias, volvería desintegrarse. 

Cando en 1998, sendo Ministro federal de Fazenda [Bundesfinanzminister], reclamaba que se regularan os mercados financeiros internacionais e se puxera fin á especulación monetaria, propondo unhas zonas de tipos de cambio límites e o control dos fluxos de capital, ríanse de min. Hoxe, quince anos máis tarde, até o FMI tivo que recoñecer que estes controis son ou serían man de santo. Para que os mercados financeiros volvan ao rego, o seu control será imprescindíbel.

Entenderán que o tema de "Os mercados desamalloados. Unha análise do capitalismo moderno" [Entfesselte Finanzmärkte - Analyse des modernen Kapitalismus], incítame a exporlles unhas ideas básicas.

Que é o capitalismo? Para min é unha orde económica que se caracteriza por unha alta produtividade e unha distribución desigual. As grandes fortunas ou patrimonios acumúlanse a conta de que uns traballen ás ordes doutros. O diñeiro que deste modo se vai creando tende a aumentarse procurando novas oportunidades de inversión; e multiplícase, busca outros novos modos de inversión, e de non chegar a esbanxarse sobre a marcha, séguese multiplicando infinitamente.

Con independencia de como o poidamos valorar, esa orde económica require unha orde monetaria estábel. Iso xa o sabía Lenin, cando dixo que "para destruír a sociedade civil hai que devastar o seu sistema monetario".

Entender que devastar o sistema monetario conduce á destrución dunha orde social dada, non é nada novo. Cando no século XIV, os emperadores da dinastia Ming introduciron o papel moeda en China, xa temían que o seu sistema monetario fose devastado por falsificadores; polo que os billetes chineses advertían:

Quen falsificase billetes ou os puxese en circulación, será decapitado.
Quen denunciase ou detuvese a un falsificador, será recompensado con 250 taeles de prata e co patrimonio total do delincuente.
Ao ler isto por vez primeira, pasáronme ideas raras pola cabeza, tendo en conta os moitos falsificadores que hai nos mercados financeiros desamalloados. Imaxínense que cada novo produto financeiro levase inscrito: "Quen desenvolvese produtos financeiros non fiábeis, será encarcelado. Quen denunciase ou detivese a un deses falsificadores, será recompensado co total patrimonio do delincuente".
Concordemos ou non con semellante visión, o que nos fai falta é unha ITV financeira, cuxa competencia sería comprobar os produtos financeiros novos e perseguir as prácticas criminais e que,ao igual que durante a dinastía Ming, debería ser un ente estatal e público. Quen, por exemplo, encomenda esa calificación a unha axencia privada, non ve que a cualificación de produtos financeiros ficaría vencellada a determinados intereses privados. Lémbrolles os valores hipotecarios dos EUA e as favorábeis cualificacións que recibiron por parte das axencias de rating. Esa cualificación falsa axudou a que a crise se agudizara. E a persecución dos delincuentes nun mundo de mercados sen freo - cavilemos un intre nos evasores fiscais - resulta tanto máis difícil cantos máis millóns estean en xogo.

Nunha sociedade civil, o principio que reclama "unha xustiza equitativa, a igualdade para todos" non debería cuestionarse póndoo en perigo. Porén no mundo financeiro, a práctica será máis ben esta: Aos peixes pequenos perségueselles, os grandes saen impunes. Se ben logrouse capturar e procesar algúns, a moitos outros seguimos xubilándoos mediante "paracaídas dourados".

Porén volvamos á tese de Lenin. A devastación do sistema monetario destrúe a orde social. E iso é precisamente o que fan os mercados financeiros desamalloados:

  • Conducen a que a sociedade civil perda os seus valores.
  • Agudizan a distribución inxusta por desigual.
  • Socavan a democracia parlamentaria.
  • Ás novas xeracións fúrtaselles o seu futuro, e a moitos outros europeos a súa liberdade.
  • Reducen a produtividade económica.
Se pretendemos que o capitalismo funcione, entón, como ben sabían os representantes ordoliberais da Escola de Friburgo, debe valer o principio que reclama: Quien obtén o beneficio, tamén debe asumir a perda [wer den Nutzen hat, muss auch den Schaden tragen]. 

Como nunca antes na historia económica, os mercados financeiros e os seus beneficiados veñen desvirtuando esta máxima, porque quen hoxe obtén o beneficio NON asume ningunha perda. O cal confirmouse drasticamente na chamada crise do euro. Cítolles a Harald Hau e Hans Werner Sinn a partir dun artigo publicado no FAZ [Frankfurter Allgemeine] de xaneiro deste ano:
“O feito de que se protexan e se salven os acreedores bancarios repercutirá de modo moi dramático na redistribución patrimonial. Resulta típico que as accións bancarias e as débedas bancarias estean en mans dos cinco por cen máis rico dos fogares… Non facerlles participar nas perdas vén equivalendo a un enorme imposto NEGATIVO sobre os seus patrimonios. A súa riqueza é avalada con cargo aos contribuíntes, pensionistas e perceptores de prestacións sociais”. 
Desta inxusta distribución que vén a agravar dramaticamente os efectos das prácticas dos mercados financeiros desamalloados, tamén é responsábel a política da chanceler Merkel. Na primeira cadea alemá ARD, referíase en varias ocasións ao principio de prestación e contraprestación que determinaba a política europea. Niso, segue sen ver até o día de hoxe, que os que perciben as prestacións son os ricos, e tal e como afirman atinadamente Hau e Sinn, son os contribuíntes, os pensionistas e perceptores de prestacións sociais quen deben cumprir coas contraprestacións. Desta forma os que obteñen o beneficio, deixan de asumir a perda; estamos perante a perda de valores da sociedade burguesa, léase, a sociedade capitalista. O correcto, o xusto sería que esta contraprestación non recaera sobre os máis pobres, senón sobre os máis ricos en forma de imposto millonario a nivel europeo.

 A maioría dos cidadáns non alcanza a percibir que a política máis prominente do lado burgués alemán (Merkel)  fai unha considerábel achega para que os valores da sociedade civil se desintegren máis e máis: os ingresos dunha grande maioría vanse encollendo, ao igual que os seus aforros, mentres que os patrimonios monetarios dos ricos van aumentando solidamente. 

Tampoco se me pode negar a inhabilitación dos parlamentos e gobernos elexidos, outro problema que resulta consustancial da orde económica capitalista. O entón presidente dos Estados Unidos, Theodore Roosevelt, xa advertía en 1906:
“Detrás do goberno aparente aséntase entronizado un goberno invisíbel que non debe lealdade nen recoñece responsabilidade algunha á xente. A primeira tarefa da arte de gobernar é destruír este goberno invisíbel, contaminar esta alianza terríbel entre os negocios corruptos e os políticos corruptos”. 
A Escola de Friburgo, por súa vez, temía que el poder económico fose  concentrarse máis, unha vez rematada a II Grande Guerra. E para facilitar unha sociedade democrática, en que se impuxeran os intereses da maioría dos cidadáns, reclamaba unhas leis capaces de impedir o poder económico. 

Os mercados financeiros desamalloados non só non acabaron co problema da corrupción na política, senón que agudizárona.
Cando a finais dos noventa, sendo Ministro federal de Facenda, lle presentei á Administración norteamericana  propostas como regular os mercados financeiros, contestoume o entón Secretario do Tesouro, Larry Summers:
“Non pensará en serio que a administración estadounidense se vai acercar a eses plans. Ao fin e ao cabo, a campaña electoral de Clinton financiouna Wall Street”. 
  E nesa franca valoración da real estrutura dos poderes sociais nada mudou até o día de hoxe. Uns anos máis tarde, o Süddeutsche Zeitung publicou un comentario titulado "Der gekaufte Präsident" [O Presidente comprado], que defendía que un presidente dos EUA, cuxa campaña electoral fora financiada por Wall Street ou os grandes grupos empresariais, xamais podería decidir libremente, ficando condenado a facer unha política “comprada”.

  Eis a explicación de porque o ex Ministro do Tesouro dos EUA, Hank Paulson, xa vén avisando do perigo de outra crise financeira próxima. Paulson remite aos moitos bancos grandes, con un poder tan enorme, que o seu fracaso sacudiría o sistema financeiro mundial. Os cinco máis grandes, por exemplo, alcanzan hoxe xuntos un volume de balance en Euros de 6,3 billóns, uns 1,9 billóns máis que a mediados de 2007. A Hank Paulson “esquecéuselle” engadir que os bancos de Wall Street tamén reúnen o suficiente poder para ditar o proceder do presidente americano de turno. 
Tamén o mercado dos derivados, considerado un dos principais causantes da crise financeira, inchouse de 586 billóns de US$ a finais do 2007 aos 633 billóns actuais. E sen prestarlles atención ás loábeis declaracións dos seus respectivos xefes de Estado e de Goberno, os apenas regulados bancos informais [operando á sombra] continúan crecendo máis e máis. Cun volume de balance de 67 billóns de US$, alcanzan hoxe case a metade do sector bancario regular. A diferenza dos grandes institutos de crédito, os bancos informais, que operan con fondos altamente especulativos [Hedge Fonds, Private Equity Fonds e fondos de mercado monetario], non se lles exige ningún capital mínimo, nin tampouco deben observar principio de liquidez algún. Diso derívanse enormes riscos, e tal e como nolo documentan as cifras, hai cada vez máis partícipes que se trasladan do mercado financeiro regulado ao desregulado, informal, o da sombra. Na última cimeira do G20 en San Petersburgo, os xefes de goberno que participaron tan só chegaron a acordar un calendario: até 2015 queren averiguar o modo en que cabería controlar a eses bancos informales. Un auténtico avance, non lles parece?

Escribe Hank Paulson:
“Cada crise financeira nace a partir de medidas políticas equivocadas que conducen a excesos económicos. Para impedir que a cidadanía veña a sufrir danos, temos que identificar eses desacertos políticos, frear os seus impactos, antes de que provoquen unha burbulla; debemos meternos con aqueles puntos débiles dos sistemas financeiros que pudesen agravar o problema; e actuar con firmeza durante a crise para encauzala”.
Dan gañas de dicir: “¡Así se roxe, Léon!”
Cando os EUA revocaron a separación entre a banca de depósito e de inversión [refírese Lafontaine á Lei Gramm-Leach-Billey], segundo as palabras do ex presidente federal Köhler, “o monstruo definitivamente ficou ceibo e desamalloado”. Ningún banco, dicía o ex ‘wall streeter’ Paulson, debería chegar a ser tan grande e complexo que non puidese afundirse [too big to fail]. Porén como se podería volver a reinstituír a separación dos sectores de inversión e de depósito para reducir o tamaño excesivo dos institutos – o que personalmente considero de suma urxencia -, se precisamente son eses os bancos que veñen a ditarlle o enfoque á política? Debater este dilema seguiranos ocupando moito no futuro. 
Que a crise non está superada, o FED, o sistema de Reserva Federal de EUA, demóstrao coa súa última decisión: se ben algúns dos políticos norteamericanos, entre els o presidente Obama, déronnos a entender que o máis grave xa fora superado; e que xa se esperaba que o Banco Central ía comezar a reducir as súas medidas de apoio ao Estado e ao sector financeiro, consistente na creación de 85 mil millóns de US$ mensuais, Bernanke declaraba fai unha semana que inda non era pertinente reducir esas accións de apoio. O tipo de referencia próximo ao cero por cento desde 2008, xunto á masiva creación de crédito mediante a compra de títulos do Tesouro, documentan que a economía e o sistema financeiro estadounidenses aínda non saíron da crise.
Por outra banda, as intromisións do sector bancario na política non é un problema único e exclusivo dos EUA. Cando o relativamente pequeno banco IKB se atopaba ao borde da quebra, era ante todos o señor Ackermann quen logrou convencer aos ministros responsábeis, Steinbrück e Klos, de que este banco non debería chegar a quebrar. De modo semellante, procedíase cos bancos HRE e Commerzbank. No caso do HRE, era Otto Graf Lambsdorff entón o único que avogaba por non rescatalo con fondos públicos. Á vista da súa magnitude, eu non atrevera a exixir semellante cousa. Mais, até no caso do IKB fora eu o único membro do concello de administración do KfW [Kreditanstalt für Wiederaufbau (Instituto de crédito para a Reconstrución)] que avogaba por unha solución digna dunha economía de mercado; a saber, abandonar este banco a súa sorte. Segundo informa o xornal Handelsblatt, até o día de hoxe, o Deutsche Bank conta entre os institutos cuxa quebra sería explosiva para o sistema financeiro mundial. As leis nacionais, que en Alemaña existen de modo rudimentario, non chegan a facer os seus efectos sobre identidades internacionais. Non se encontran regulados a nivel internacional, e na Unión Europea, aos cinco anos da quebra de Lehman [Brothers], non se avanzou alén do que se chama un "proxecto de directiva".

Para saír deste círculo vicioso, debemos, tal e como xa o postulara Roosevelt, romper a insá alianza entre unha corrupta economía e unha corrupta política. Levo xa moito tempo propondo as medidas seguintes:
  • Deben ficar prohibidas as doazóns da banca, as aseguradoras e grupos empresariais aos partidos políticos. 
  • Ao igual que as subvencións destes aos deputados e delegados individuais.
  • No tocante á tipicidade do suborno de deputados, a República Federal Alemá encóntrase ao nivel de calquera república bananeira.
  • Ningún deputado, mentres dure o seu mandato, debería figurar en nómina de ningunha desas empresas.
O feito de que os mercados financeiros desamalloados, mediante a euro-crise, entren a roubarlles o futuro a cada vez máis mozos, resulta ser un escándalo de primeira magnitude. A taxa de desemprego xuvenil xa atinxe 63% en Grecia, e 56% en España. En Italia, Portugal, Chipre e Eslovaquia, 35%; mentres que en Irlanda e até en Francia é un de cada catro o que que se encontra desempregado.

Ese pésimo inicio da súa vida profesional pode chegar a perseguilos até a súa reforma. Con frecuencia vemos que as mozas e os mozos con boa formación deben procurar a vida en traballos que non lles van nin lles veñen, o cal suponlles un paso atrás e impídelles profesar nas súas respectivas carreiras. Con maior frecuencia deben mudar de traballo, e a satisfacción cos seus postos de traballos adoita rarear. Semellante situación, doadamente, pode dexenerar na clásica carreira de desemprego.

Que o crecente desemprego e a depauperización, perante todo nos estados do sur de Europa, cursa cunha notábel perda de liberdade, case non é tematizado ou debatido. A liberdade é o dereito de cada persoa de dispor, dentro duns límites, da súa vida con total autonomía. O límite encóntrase nese mesmo dereito que ostentan os demais. Quen ao final de mes non sabe se chega a pagar o aluguer ou a súa factura da luz, quen teme non poder alimentar a súa familia, desde logo non goza desa liberdade. Para Pierrer Bourdieu, a liberdade consiste en conseguir dominar e planificar a vida, as circunstancias vitais, o cal xa non se sostén no caso de moitos europeos do sur. Tal e como nos documentan as elevadas taxas de suicidio, cunden o medo e a desesperanza.

No seu famoso libro En débeda, David Graeber elabora de maneira brillante a interrelación entre débeda(s) e liberdade. Fai varios milleiros de anos, ao perder as súas colleitas, os campesiños horticultores axiña caeron vítimas da servidume por débedas; as súas familias ficaron desgarradas e ao pouco as súas terras quedaron a ermo, xa que, endebedados e por medo de ser expropiados, optaron por abandonar as súas explotacións xuntándose con pobos seminómadas. Perante o subseguinte perigo de desintegración social, os reis sumerios e logo os babilónicos, adoitaban conceder cada certo tempo unha amnistía xeral [sen demostrar cientificamente os hebreos crían que, na orixe o "xubileu" respondía tamén a unha condonación de todas as débedas]. Con os seus decretos declaraban nulas e sen efecto as débedas pendentes dos consumidores, devolvendo todas as terras aos seus propietarios orixinais e permitindo que os servidores endebedados volveran coas súas familias. Chama a atención que a palabra sumeria 'ama-gi', a primeira expresión que encontramos escrita do concepto de liberdade, signifique 'retorno á mai'; e iso mesmo foi o que se lles permitiu aos endebedados.

Obsérvese esa fina diferenza: nas sociedades de fai milleiros de anos, aos pobres condonábanselle as débedas contraídas co fin de parar a desintegración da sociedade. Na nosa era dos mercados financeiros desamalloados, condónanse as débedas dos ricos, impóndolles aos pobres que as amorticen. Desta maneira, estou certo que non cabe frear a disolución da sociedade. A política europea de Merkel trae consigo que perdamos a liberdade. A liberdade, con todo, tal e como ela a entende, é a base fundamental da orde civil burguesa.

Para documentar o feito de que o capitalismo merma a produtividade duhna economía, volvo citar os referidos Hau e Sinn:
“As garantías estatais reducen o custe de financiamento dos bancos. O cal non só leva á circunstancia de que o sector bancario se encontre inflado e excesivamente apalancado, senón que se perpetúen as súas inversións de altísimo risco. E é esta mala asignación dos recursos dispoñíbeis  a que impide que a economía europea se recupere e volva medrar a longo prazo.”
Se se destina demasiado diñeiro ao “casino do xogo”, reséntense as inversións necesarias para o desenvolvimento de produtos novos, a mellora do aparato produtivo e o aumento da produtividade. Exemplos encóntranse moitos, e cada un de nós coñéceos. Fai anos, viaxando nun carro dun innovador empresario medio, con éxito e bos ingresos, fun testemuña involuntaria de varias conversacións telefónicas. O que quería o bo home era gañar diñeiro rápido mediante especulacións monetarias. Se ben dirixira a súa empresa até ese momento con moito suceso e bos ingresos, expandíndoa, agora embarcábase en perdas cada vez máis cuantiosas xogándose os seus beneficios en especulacións monetarias. E xa saben, unha vez que se caia na compulsión das apostas - basta que lembremos a ludopatía d' O xogador de Dostoievski ou a obra de Stefan Zweig Vintecatro horas na vida dunha muller - xa non hai marcha atrás.

En 2009 a sorte do empresario farmaceútico e multimillonario Adolf Merckle conmoveu a Alemaña enteira. Este multimillonario suabo, con graves problemas financeiros, tirouse ás vías do tren perto de Ulm. Merckle, segundo a revista Forbes, o quinto empresario máis rico de Alemaña, vírase afectado porque unha das súas empresas, altamente endebedada, sufrira unha drástica perda durante a crise financeira. Amais, perdera especulando con accións de Volkswagen.

Xa nos anos '90 se ridiculizaba aquelas empresas produtoras que en tempos dos mercados financeiros xa desregulados, mutaran en institutos financeiros cunhas naves de produción engadidas. Acórdome moi ben dun comentario irónico meu neste sentido que, obviamente, foi moi mal recibido polo entón xefe de Siemens, von Pierer.

A economía financeira debe estar ao servizo da economía real. Os mercados financeiros, desamalloados tal como se encontran, causáronnos considerábeis danos na economía real que non se poden pasar por alto. Até cando a un ficara frío pola decadencia dos valores da sociedade civil; a crecente desorde ou desequilibrio distributivo; o progresivo desmantelamento do sistema democrático ou a perda de perspectiva de futuro e de liberdade para moitas persoas, deberían ser as reflexións puramente económicas por si soas as que demandaran unha nova arquitectura financeira mundial cun sector bancario estritamente regulado.


 
Ao fin e ao cabo trátase do lazo ou vínculo que debe manter unida a nosa sociedade. Fai anos que escribira o entón presidente da xunta directiva do Deutsche Bank, Rolf E. Breuer, no semanario Die Zeit: "A actual estrutura dos mercados financeiros globais, reflexa o canon de valores da sociedade industrial occidente". Deus non o queira!

Sería moi triste que a irresponsabilidade, desmesura, prevaricación, a fraude e o egoísmo, unha vez liberados polos mercados financeiros, fosen impregnar a nosa sociedade. Pero non esquezamos: as institucións, creadas polo home, acaban por formar, moldear aos seus creadores. No seu romance publicado en 1939 As uvas da ira, John Steinbeck relátanos a sorte duns agricultores que, endebedados, e por orde dos bancos deben abandonar as súas terras. Sobre o papel dos institutos financeiros lemos alí:
“O banco é algo máis que homes. Olla que todos os homes do banco detestan o que o banco fai, mais inda así o banco faino. O banco é algo máis que homes acredita. É o monstro. Os homes creárono, mais non poden controlalo".
Volver regular os mercados financeiros desamalloados e renovar o noso canon de valores para que sexa máis solidario e responsábel, son dúas facianas dunha mesma moeda que debemos carimbar agora, para frear a destrución da sociedade civil en curso.

Que a sociedade civil, tal e como nos é familiar, non será o final da historia, iso xa é fariña doutra muiñada.