Yiannis Burnu. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por nós. Yiannis Burnus é membro do CP da organización de esquerdas Synaspismos, parte da alianza electoral SYRIZA y responsábel do seu departamento de política europea. En Eurolandia proliferan os golpes de estado financeiro. O novo FASCISMO fai política a través de "técnicos", fai "ciência" económica baseada em dogmas e no fundamentalismo máis extremo seguindo com receitas que apenas causaram crises, fame e destrución (para alguns "creativa") durante mais de 4 décadas. O pior é que a xente perante o desprestixio en que caeron os políticos (por seguir as receitas dos "técnicos") entréganse moitas veces gostosos e inocentes a esta política sen "políticos" moi propia dun capitalismo que empoderou o postmodernismo, o café sen cafeína, o leite sen gordura e todo o light. Mais carroñeiros e avoitres sobre os bens comuns.
6/11/ 2011
Comezan a desvelarse as sombras da farsa na que se converteu a política da Grecia intervida pola troika UE-BCE-FMI. A manobra táctica de anunciar a convocatoria dun referendo polo primeiro ministro grego Papandreu o xoves pola mañá sobre o acordo alcanzado na Cimeira europea para o rescate de Grecia, afundiu as bolsas en todo o mundo e provocou unha reacción dos líderes mundiais, reunidos en Cannes no G-20, que foi unha auténtica lección de cal é a natureza do sistema político "democrático" en vigor e do alcance da soberanía dos estados. Papandreu, que xa tiña o apoio do seu goberno para a súa manobra de cortocicuitar á dereita grega obrigando a apoiar o axuste, foi chamado esa mesma noite a Cannes, acompañado polo seu ministro de finanzas Venicelos. Como resultado da oferta que non puideron rexeitar, Venizelos instrumentó o fin do apoio da maioría dos deputados ao PASOK a Papandreu, iniciado xa o debate dun voto de confianza no parlamento grego, a menos que retirase a súa proposta e aceptase a formación dun goberno de salvación nacional coa dereita, no que moi probablemente non estaría o propio Papandreu. Concluída a farsa, Papandreu non tivo o menor empeño en revelar que esta e non outra fora a intención da súa proposta de referendo. Pobre pobo grego! Yiannis Burnus enviou esta carta a madrugada do sábado, relatando o que pasou en Atenas á volta de Papandreu... NdR)
Estimados camaradas,
Nas últimas horas a traxicomedia no plenario do Parlamento grego alcanzou niveis sen precedentes.
A sesión plenaria non comezou hoxe pola mañá, senón que foi posposta até as 18:00 horas, xa que Nova Democracia decidiu non participar na discusión e reaparecer só no plenario para o voto final de confianza. Durante todo o día e até minutos antes do discurso final de Papandreu tivo lugar unha negociación a porta pechada entre o PASOK e Nova Democracia tentando atopar unha solución entre os moitos posíbeis escenarios para a formación dun "goberno de salvación nacional".
Nova Democracia esixe un novo goberno de transición, pactado entre o PASOK e Nova Democracia, pero sen políticos. Queren un goberno composto só por "tecnócratas con experiencia, científicos e ex-ministros (ex-ministros de gobernos anteriores de ambos os partidos etc.) [Como em Italia pede agora Monti e o FMI; Nota do blogger].
Moitos deputados do PASOK defenden no Plenario a idea dun goberno de transición con Nova Democracia e outras forzas políticas, pero cun goberno composto por políticos de todos os partidos e non só por tecnócratas. Esta opción é apoiada tamén por LAOS, o partido da dereita populista, cuxo dirixente, Karatzaferis, proponse de maneira indirecta para participar como ministro.
O discurso de Papandreu foi incríbel. Dedicou a metade do seu discurso a lembrar as "cruciais reformas" que promoveu persoalmente desde que foi ministro de educación e de asuntos exteriores nos anos 90. Chegou a repetir tres veces o importante das súas iniciativas para "limpar a corrupción na liga de fútbol grega" (!). Para acabar coa súa fórmula de chantaxe habitual: "nós ou a bancarrota" e que se logra un voto de confianza esta noite visitará inmediatamente ao Presidente da República e faralle partícipe da súa proposta de formación dun goberno de salvación nacional, que á súa vez ratificará o novo acordo de crédito, votará o novo orzamento, resolverá o contencioso sobre o nome de Macedonia na Haia coa Antiga República Iugoslava de Macedonia (FYROM) (!) e comezará a perforar na zona económica exclusiva grega, ao sur de Creta, para buscar gas...
O secretario xeral do PC grego (KKE), Aleka Papariga, reaccionou inmediatamente e exclamou: "Xa abonda das túas continuas chantaxes!".
O presidente do grupo parlamentario da esquerda SYRIZA, Alexis Tsipras, pediu a quenda de oradores e insistiu en que un goberno autenticamente lexítimo só pode constituírse se o Parlamento vota inmediatamente unha nova lei electoral plenamente proporcional e se convocan eleccións anticipadas o próximo 4 de decembro. Calquera outro "goberno de transición" será un mero instrumento as ordes da troika e dos acredores estranxeiros e seguirá impondo unhas políticas de austeridade extrema. A única salvación do país son eleccións anticipadas nestas condicións.
Venizelos, ministro de finanzas e o auténtico mestre de marionetas do PASOK, contestou a Alexis Tsipras cunha retórica incribelmente demagóxica. Mais ou menos veu dicir que non é o momento de convocar eleccións, porque non podemos estar seguros do resultado (sic) e que debía ser o goberno de transición quen as convocase a finais de febreiro.
Tras os discursos de Papandreu e Venizelos, Antonio Samaras, o presidente de Nova Democracia, cambiou repentinamente, nun xiro de 180 graos, a liña do seu partido, declarando formalmente: "as máscaras caeron. A única solución son as eleccións".
Ao final, Papandreu conseguiu gañar o voto de confianza.
Estes son os resultados das votacións:
-Deputados presentes: 298 de 300 (polo que o PASOK necesitaba para sobrevivir 149 votos); merece a pena subliñar que os dous deputados ausentes foron Milena Apostalaki (unha deputada do PASOK que abandonou o partido hai tres días, acusando a Papandreu de "ideas destrutivas" pola proposta de referendo e a súa negativa a formar un goberno de coalición coa dereita) e Elsa Papadimitriu (unha deputada de dereitas independente que abandonou recentemente Nova Democracia).
-SI: 153 votos (152 PASOK máis o de Louka Katseli, o anterior ministro de emprego, que foi expulsado por Papandreu das filas socialistas hai uns días. Tras a votación, Papandreu volveu readmitilo sen máis trámite no grupo parlamentario do PASOK).
-NON: 145 votos (83 Nova Democracia, 21 KKE, 17 LAOS, 9 SYRIZA, 4 Esquerda Democrática, 4 Alianza democrática-partido de Doura Bakoyannis, 7 independentes).
O rumor é que mañá Papandreu visitará ao Presidente da República para manifestarlle a súa intención de comezar un diálogo para a formación dun goberno de salvación nacional, incluída a participación de Nova Democracia. Pero en Grecia xa non se sabe cal será a próxima "sorpresa"....
Máis noticias, mañá, se ocorre algo importante.
Boas noites e boa sorte desde Atenas.
PD. Cornelius Kastoriadis, un dos máis profundos filósofos contemporáneos gregos, escribiu nos anos 70 sobre a "oligarquía constitucional". Os seus escritos son lembrados amargamente nesta noite escura e incríbel.

Um comentário:
venho seguindo desde hai un tempo este blog e a verdade é do mellorinho no que a analise se refere. seguide postando artigos asi.
Postar um comentário